BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup VIII

[GAL] Galiza Cup VIII (thread closed)

Set priority
Show messages by
This Post:
00
125647.1
Date: 12/29/2009 10:45:12 PM
Overall Posts Rated:
892892
GALIZA CUP VIII

Volve o decano dos trofeos unha tempada máis para alegría de todos. Tempada a tempada consolidámonos coma unha referencia a seguir, e desexamos seguir así con todos vós como participantes. Tamén, como non podía ser doutro modo, contarei ca impagábel colaboración de Litur, que unha tempada máis non falla á cita ca nosa raíña, e con xa dous cativiños non tan cativos que deben dar boa guerra na casa.

Tamén vos quero recordar que, na conferencia Axuda - Galego, tendes aberta o noso furancho, O Fogar de Breogán (42300.1), onde estades convidados todos a tomar algo e compartir lume e anécdotas. Os participantes da Galiza Cup teñen todo gratis, até Miki_Zar, que dende que gañou a VII edición non ergueu o seu traseiro do sillón do reservado agás para ir ó servicio... Tamén vos recordo que temos alí o fío de LA-Galego (88747.1), onde poderedes comentar calquera aspecto sobre a nosa lingua no BB.

Participantes

Non nos imos pór estrictos agora, non? Coma sempre, para participar o único que fai falla é apuntarse. Non é necesario ser supporter, pois os encontros xóganse os xoves, o días dos amigábeis normais. Compre dicir que a lingua oficial da organización do torneo será o galego, polo tanto é recomendábel ter un bo coñecemento do galego para non ter problemas. Obviamente non faremos discriminacións, e se alguén precisa axuda, sempre poderá pedir que lle pasemos a información en castelán por privado.

Inscripcións

Para anotarse nesta oitava edición da Galiza Cup, o único que tes que facer é dicilo neste fío. Non se admitirán inscripcións por BB-mail, nin a min nin a Litur, xa que dá máis choio e habería que pórse a ordenar as inscripcións. Polo tanto, a única forma de inscribirse e dicíndoo neste fío, calquera outra forma non terá validez.

Prazo de Inscripción

O prazo de inscripción comeza xa mesmo e remata o día 13 de xaneiro, así que tedes dúas semanas para anotarvos... Non o deixedes para o último momento!

This Post:
00
125647.2 in reply to 125647.1
Date: 12/29/2009 10:45:39 PM
Overall Posts Rated:
892892
Formato do Torneo

A tradición de trocar o formato xa está case morta. Visto o éxito do formato das derradeiras tempadas, non pensamos trocar o esquema. Foron moitas edicións fedellando no formato (nalgunhas máis que noutras), pero parece que a base de dar paus de cego, chegamos a un formato que funciona.

A duración total da Galiza Cup voltará a ser de 8 semanas. Como xa sabedes, na primeira fase faranse grupos de catro equipos, ca posibilidade de chegar até un máximo de 8 grupos para dar cabida a tantos equipos como sexa posíbel.

Tamén permitídeme recordarvos que temos os 8 enchufados:

Para facer que ningún equipo quedase fóra da Galiza Cup por mor de seguir na Copa de España, creamos o concepto dos 8 enchufados. Estes 8 enchufados pasarán directamente á segunda fase da Galiza Cup, e así terán unha marxe de 3 semanas máis para caer da Copa. Os 8 enchufados serán escollidos da seguinte maneira:

1.- Os equipos que sigan na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.
2.- Os equipos eliminados na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.

Desta maneira, a Galiza Cup levaríase a cabo en tres etapas.

1ª Liguilla

Nesta primeira fase faríanse tantos grupos de catro equipos como sexa posíbel, até un máximo de 8 dependendo do número de participantes. Iso si, é condición indispensábel que os grupos estean completos, non poderiamos facer ningún grupo de 3 ou 2.

Destos grupos pasarán en total 8 equipos. Dependendo do número de grupos, poden pasar máis ou menos equipos por grupo. Se hai catro grupos, pasarían o primeiro e o segundo de cada grupo. En caso de que houbese máis de catro grupos, pasarán os primeiros de grupo, e os mellores segundos ata completar o número de prazas, é dicir, ata que sexan 8 equipos. En caso de que sexan oito grupos, tan só pasarán os primeiros de cada grupo.

En caso de empate, os criterios de desempate son os seguintes, por esta orde:

1.- Menor número de NP (non presentados).
2.- BasketAverage (se son 2 equipos, o particular do seu encontro, se son máis, o global do grupo).
3.- En caso de empate total, o desempate dependerá da organización.

O sorteo realizarase tomando "cabezas de serie", polas xa antes mencionadas GCStats.

2ª Liguilla

Practicamente idéntica á primeira, e é aquí cando se "acoplan" os 8 enchufados. Catro grupos de catro equipos. Cada grupo estará composto por dous equipos enchufados, e dous equipos clasificados da primeira liguilla, todo por riguroso sorteo ao que só asistirei eu e a miña cadela se ten sorte.

En caso de que algúns dos 8 enchufados seguise disputando a Copa de España, o seu lugar sería ocupado polos seguintes enchufados dispoñibles, e despois miraríanse os mellores clasificados da primeira liguilla, tendo en conta primeiro o número de vitorias, e despois o basketaverage global. Como sei ben de que estades feitos, por se dous ou máis equipos obtivesen exactamente os mesmos números, o equipo clasificado sairía dun sorteo feito pola organización.

Nesta 2ª Liguilla, só se clasificará o campeón, polo que o boleto para a fase final estará o dobre de caro.

En caso de empate, os criterios de desempate son os seguintes, por esta orde:

1.- Menor número de NP (non presentados).
2.- BasketAverage (se son 2 equipos, o particular do seu encontro, se son máis, o global do grupo).
3.- En caso de empate total, o desempate dependerá da organización.

Final Four

Duas semifináis entre os catro campeóns dos grupos da segunda liguiña, unha vez máis decidindo os emparellamentos por sorteo. Só un encontro e os dous gañadores pasarán á desexada final.

Os dous semifinalistas que perderan, se queren poden xogar o encontro do "Terceiro e Cuarto Posto".

This Post:
00
125647.3 in reply to 125647.2
Date: 12/29/2009 10:45:59 PM
Overall Posts Rated:
892892
Final

Debido á duración do torneo, a final ten que disputarse durante os PlayOff oficiais, polo que a data pode oscilar. Isto quere dicir que os dous finalistas terían que acordar unha data para xogar a final, xa que se un queda de 5º e outro xógase os descenso, non sería un encontro xusto. De tódolos xeitos, como último recurso, a final sempre se podería xogar no derradeiro amigábel da tempada, cando os PlayOff xa rematasen.

Por outra banda, se os dous finalistas queren poderíase xogar ao mellor de tres encontros. Terase que falar no momento e ver o que máis lle convén aos dous equipos implicados.

Calendario

Mércores 30 de decembro --> Apertura da Inscripción
Mércores 13 de xaneiro --> Peche da Inscripción
Venres 15 de xaneiro --> Sorteo da 1ª Liguilla
Xoves 21 de xaneiro --> Primeiro encontro da 1ª Liguilla
Xoves 28 de xaneiro --> Segundo encontro da 1ª Liguilla
Xoves 4 de febreiro --> Terceiro encontro da 1ª Liguilla
Verner 5 de febreiro --> Sorteo da 2ª Liguilla
Xoves 11 de febreiro --> Primeiro encontro da 2ª Liguilla
Xoves 18 de febreiro --> Segundo encontro da 2ª Liguilla
Xoves 25 de febreiro --> Terceiro encontro da 2ª Liguilla
Venres 26 de febreiro --> Sorteo da Final Four
Xoves 4 de marzo --> Semifinais

Como xa mencionei anteriormente, a final pode variar así que non a engado no calendario.

Encontros

Os encontros, como xa saberedes, xogaranse os xoves, nos amigábeis. O equipo que figure como local será o encargado de retar, e o visitante deberá estar atento para aceptar o reto. O luns a mediodía a máis tardar, o reto terá que estar feito polo equipo local, e o martes ao mediodía deberá estar aceptado polo visitante. Se se incumplen as datas, se o equipo que está a agardar o solicita, o encontro lle será dado por gañado por 25 - 0 e poderá buscarse outro amigábel para non perder o adestramento. Tamén é posíbel que o que figura como visitante faga o reto, pero neste caso terá que facelo para xogar fóra da casa, no pavillón do equipo que figura como local.

Responsabilidades nos Retos

No caso de que o reto non se peche correctamente, aquí vos deixo a mellor forma de actuar:

Se o teu rival se retrasa á hora de facer o reto, o mellor que podes facer é retalo ti e mandarlle un BB-mail avisándoo de que tendes encontro, que acepte canto antes. Isto vai tanto para locais como para visitantes. Se o problema persiste, é entón cando se recurre ao foro, ou aos organizadores, avisando do problema para que se tomen medidas.

Se o teu rival ten outro amigábel concertado, entón tes que avisar aos organizadores (polo foro ou BB-mail) canto antes do problema e agardar a súa resposta. Se a resposta dos organizadores tarda demasiado, bastará cun post no fío e xa poderás buscar outro amigábel para non perder o adestramento.

Agradecemos sempre que se deixe unha marxe de cortesía, xa que o rival puido ter calquera problema para conectarse, ou simplemente se lle pasou. As cotas están marcadas así para ter un tempo suficiente de reacción, pero realmente o amigábel se pode concertar ata a tarde do mércores, polo que o risco de perder o adestramento é pequeno. Sempre que se poida é de agradecer que agardedes un chisquiño máis polos vosos rivais!

Premio

Seguimos arrasando co agasallo, desta volta repetimos o premio da tempada pasada:

Pase VIP para o Fogar de Breogán (42300.1), que inclúe:

- Reservado ó carón do lume
- Barra libre para toda a vida!
- Tapas gratis para toda a vida!

Polo de agora Onire por dúas veces e Litur, Pepe Beltrán, Matxone, Alexenko e Miki_zar acadaron o seu oco na historia dos equipos galegos... Serás ti o seguinte???

Benvidos a esta oitava Galiza Cup. Sentídevos coma na casa e pasade un bo anaco con nós. Se alguén ten algunha dúbida, suxestión ou queixa, podes dicilo neste mesmo fío ou, se o prefire, por BB-mail a min.

Benvidos!!!

This Post:
00
125647.4 in reply to 125647.3
Date: 12/29/2009 10:46:37 PM
Overall Posts Rated:
892892
Historia da Galiza Cup

Xa imos acumulando bastantes edicións, e as primeiras edicións xa se ven con certa lonxanía, pero no noso arquivo non se perde nada ;).

Primeira edición

Xa case con nostalxia podemos ollar o primeiro fío da Galiza Cup (13967.1). Mensaxe que por certo comeza cunha petición de desculpas porque daquela non se podía falar galego nos foros... Que cabreo collera...

Unha primeira edición que foi montada un pouco sobre a marcha, pero que ao final saíu bastante ben, a única pega que tivo é que quedou bastante xente fora... Unha mágoa. Afortunadamente agora xa comezamos co formato definido, e temos a experiencia destas edicións na organización, que nos axuda a evitar erros.

Campión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Final --> (3997474)


Segunda edición

Esta segunda edición xa foi bastante máis doada dende a organización, primeiro pola experiencia adquirida na primeira edición, e segundo pola colaboración na organización que prestou Litur. Se ve que lle colleu apego á Galiza Cup que non se puido librar dela. Tamén temos no arquivo o enlace ao fío, (31544.1)

Edición que ampliou un chisco máis o formato, pero inda así insuficiente. Foi outro erro máis para o saco da experiencia. Tamén foi a edición na que se implantou o método dos enchufados.

Campión --> Pepe Beltrán - Jericho B.C. – (75692)
Subcampión --> Kelepol – Celtics de Coia – (76267)
Final --> (6230309)

I Cunca dos Labregos

En paralelo a segunda edición da Galiza Cup, naceu esta outra competición coa idea inicial de dar cabida a aqueles equipos que non tiveron sitio na GC. Nesta primiera participación formáronse dous grupos de catro equipos que loitaron por convertirse nos primeiros en levarse o trofeo.

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> cruiss - C.B. Skalda - (42876)
Final --> (6054980)


Terceira edición

Esta edición pasará case que de seguro á historia da Galiza Cup por ser a edición dos comités. E é que foron moitos os encontros que deron problemas, e en cada un deles houbo unha investigación e unha resolución. Á marxe dos problemas no peche dalgúns encontros, hai que salientar que de novo nesta edición se ampliou o formato, ata un total de 40 equipos participantes, incluíndo os 8 enchufados. Tamen hai que salientar a colaboración impagábel de Litur. Como non, conservamos o enlace ao fío, (45869.1).

Campión --> Matxone - Juanito Caminante - (76841)
Subcampión --> Kelepol - Celtics de Coia - (76267)
Final --> (8249241)

II Cunca dos Labregos

De novo se leva a cabo a Cunca dos Labregos, dando entrada, nesta ocasión, aos mellores equipos que quedaron fora da primeira fase da GC e aos equipos que non puideron entrar dos que todavía estaban xogando a Copa. A final por un despiste tivo que xogarse na temporada seguinte.

Campión --> Natx0 - Celta de Vigo - (77726)
Subcampión --> -noel- - Chikichikies - (76872)
Final --> (10363766)

This Post:
00
125647.5 in reply to 125647.4
Date: 12/29/2009 10:47:13 PM
Overall Posts Rated:
892892

Quinta edición

Edición que voltou ca tradición de facer trocos. Para non perder as boas costumes, introducimos unha pequena modificación no modo de facer os desempates, para facelos máis xustos. Á marxe diso, foi unha edición que transcorreu con bastante tranquilidade, e case que o máis salientábel foi que por primeira vez na Galiza Cup unha final repetiuse, e non foi outra que a que enfrentou ós dous organizadores. Salientar tamén a ausencia da Cunca esta tempada pola paternidade de Litur. Como non, dispoñemos do fío no noso arquivo para quen desexe consultalo (80077.1).

Campión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Subcampión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Final --> (13048991)


Sexta edición

Nova edición da Galiza Cup, desta volta xa sen trocos. Ó fin e ó cabo, os erros van levando a solucións, e o xa se vai acadando unha rutina moi tranquila para o torneo. Primeira edición na que se repite campeón, o primeiro en acadar o segundo trofeo. Por outra banda salientar a volta da Cunca de mans de Litur, que xa pasados os primeiros meses da súa paternidade, voltou a organizar un torneo que xa ten vida e historia propia. No noso arquivo persoal tamén gardamos a ligazón da sexta edición (98064.1)

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)
Final --> (15470149)

IV Cunca dos Labregos

Tras un ano de ausencia, voltou a Cunca dos Labregos, repetindo o formato da III edición, e dicir, 16 equipos saidos de entre os que non puideron entrar na GC e os mellores conxuntos dos 18 eliminados da primeira fase. Está claro que con cada edición a Cunca toma mais prestixio xa que a emoción e a loita por levarse o título é cada vez mais encarnizada.

Campión --> Trapall - Entreleiras - (79266)
Subcampión --> Jpergom - Diplococo Team - (26057)
Final --> (15463325)


Séptima edición

Nova edición con aires de familiaridade, tan familiar coma a axuda de Litur na organización. Se cadra o máis salientábel son os poucos problemas que houbo cos encontros que non se concertaron e que non chegou á Final Four ningún dos equipos que xa tiñan un trofeo da GC. Salientar tamén que non quedou ningún equipo inscrito fóra, agás os enchufados que duraron de máis na Copa, polo que non foi necesaria a organización da Cunca dos Labregos. E de paso engadimos outro fío máis ó noso arquivo persoal (113475.1)

Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)
Final --> (17912863)

Last edited by Alexenko at 12/29/2009 10:48:52 PM

This Post:
00
125647.6 in reply to 125647.5
Date: 12/29/2009 10:49:11 PM
Overall Posts Rated:
892892
Clasificación Histórica por Galiza Cup Stats
l
Litur 412
Alexenko 350
kelepol 349
Onire 331
Giovanella 320
miki_zar 315
LA-Souto 304
Sapoconcho 296
Oyagun 248
Sozap86 227
cruiss 218
DevillX 203
Ivanff 198
Matxone 195
OReiDasCanastas 46 179
DunklerGeier 179
Xosesinho 177
GZ-xexu 170
LA-Diebro 166
albarello-lnc 157
Platanito21 145
Mjorgan 133
El facass 132
Tonhocid 132
Jpergom 130
Cazador 124
Shanty 112
Hamlet29 111
Pepe Beltrán 110
Milosevic 99
Lafita99 94
Martinez 93
Alex Lamela 92
Afarensis 86
Jacks 82
Xoanp 81
An Pensado 73
david campos 72
Xoanp 69
Coxx 68
Carracillo 64
Sete stars 63
Freitas 63
Noel 58
Natx0 58
Vartokomus 54
Trapall 47
Maripakis 46
Marco605_ 45
Crrremas 43
kotxunaitis 43
Trozo 42
realinho 41
Henricovic 36
Johnson Waltercio 31
CastelaoGZ 27
Michi84 27
AndeFente 27
elcadro 27
Traska 27
Outeiro 26
nandotas77 26
Muleiro 26
Cernicalo89 24
Frikimordor 20
Bacilolactico 20
Luigidac 18
Arenazero 15
SergioMuradan 15 15
Feedback 15
Os fumetas de lars 14
Racso 14
jaime69 5
garrido 5
chamallex 5
dieginho_7 5
candaira 5
breogan 5
deivy_57 5
toninho 5
kikeiglesias 5
MrMac 5
jako0b0 2
C.B. Lobelle 0
Cuervos negros 0


Last edited by Alexenko at 1/16/2010 9:35:46 AM

This Post:
00
125647.7 in reply to 125647.6
Date: 12/29/2009 10:49:24 PM
Overall Posts Rated:
892892
Galiza Cup Stats

De seguido teredes unha lista ca cantidade de Galiza Cup Stats que se obteñen por cada acción!

Inscribirse ----------------------------------------------> 20
Enchufados que seguen na Copa -------------------> 15
Non Retar ----------------------------------------------> -10
Non Aceptar o Reto -----------------------------------> -10
Partido Gañado na 1ª Liguilla -------------------------> 3
Partido Perdido na 1ª Liguilla -------------------------> 2
Clasificarse Liguilla como 1º ---------------------------> 6
Clasificarse Liguilla como 2º ---------------------------> 4
Partido Gañado na 2ª Liguilla -------------------------> 5
Partido Perdido na 2ª Liguilla -------------------------> 3
Clasificarse Liguilla como 2º ---------------------------> 10
Semifinalista da GC ------------------------------------> 25
Subcampión da GC ------------------------------------> 35
Campión da GC -----------------------------------------> 50

This Post:
00
125647.8 in reply to 125647.7
Date: 12/30/2009 3:57:25 AM
Overall Posts Rated:
15931593
Apuntame!!! :p

Juanito Caminante (76841)

From: sozap86
This Post:
00
125647.9 in reply to 125647.8
Date: 12/30/2009 3:59:28 AM
Overall Posts Rated:
276276
Apuntame a min tamen (78493)

From: gaxego
This Post:
00
125647.10 in reply to 125647.9
Date: 12/30/2009 1:12:55 PM
Overall Posts Rated:
00
Apuntame a min tamen a ver se hai sorte.

Last edited by gaxego at 12/30/2009 1:20:07 PM

This Post:
00
125647.11 in reply to 125647.10
Date: 12/30/2009 1:27:24 PM
Overall Posts Rated:
464464
Levantei o cu do sillón bonito que me puxo Alexenlo ao carón da chimenea do fogar. Apuntame pois, a ver se conseguimos a fazaña de gañala duas veces seguidas, pero me da que por motivos do guión esta non vai a ser mellor tempada para repetir....