BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup IX

[GAL] Galiza Cup IX

Set priority
Show messages by
This Post:
00
139413.1
Date: 4/5/2010 4:50:23 PM
Overall Posts Rated:
892892
GALIZA CUP IX

Nova tempada, nova Galiza Cup, e con esta xa van 9. Quen nolo ía dicir cando comezamos con isto que chegariamos até aquí. Tempada a tempada consolidámonos coma unha referencia a seguir, e desexamos seguir así con todos vós como participantes. Tamén, como non podía ser doutro modo, contarei ca impagábel colaboración de Litur e Miki_Zar, que parece que lle está collendo gusto ó asunto.

Tamén vos quero recordar que, na conferencia Axuda - Galego, tendes aberta o noso furancho, O Fogar de Breogán (42300.1), onde estades convidados todos a tomar algo e compartir lume e anécdotas. Os participantes da Galiza Cup teñen todo gratis, se Miki_Zar non agota existencias, que agora con iso do bicampeonato entre comilonas e enchentas, case non queda auga do manancial para pór. Tamén vos recordo que temos alí o fío de LA-Galego (88747.1), onde poderedes comentar calquera aspecto sobre a nosa lingua no BB.

Veña que desta volta xogamos todos contra Miki_Zar. Non podemos permitir que gañe tres GCs seguidas! A por el!!!

Participantes

Non nos imos pór estrictos agora, non? Coma sempre, para participar o único que fai falla é apuntarse. Non é necesario ser supporter, pois os encontros xóganse os xoves, o días dos amigábeis normais. Compre dicir que a lingua oficial da organización do torneo será o galego, polo tanto é recomendábel ter un bo coñecemento do galego para non ter problemas. Obviamente non faremos discriminacións, e se alguén precisa axuda, sempre poderá pedir que lle pasemos a información en castelán por privado.

Inscripcións

Para anotarse nesta novena edición da Galiza Cup, o único que tes que facer é dicilo neste fío. Non se admitirán inscripcións por BB-mail, xa que dá máis choio e habería que pórse a ordenar as inscripcións. Polo tanto, a única forma de inscribirse e dicíndoo neste fío, calquera outra forma non terá validez.

Prazo de Inscripción

O prazo de inscripción comeza xa mesmo e remata o día 21 de abril, así que tedes algo máis de dúas semanas para anotarvos... Non o deixedes para o último momento!

This Post:
00
139413.2 in reply to 139413.1
Date: 4/5/2010 4:50:49 PM
Overall Posts Rated:
892892
Formato do Torneo

A tradición de trocar o formato xa está morta de todo. Visto o éxito do formato das derradeiras tempadas, non pensamos trocar o esquema. Foron moitas edicións fedellando no formato (nalgunhas máis que noutras), pero parece que a base de dar paus de cego, chegamos a un formato que funciona.

A duración total da Galiza Cup voltará a ser de 8 semanas. Como xa sabedes, na primeira fase faranse grupos de catro equipos, ca posibilidade de chegar até un máximo de 8 grupos para dar cabida a tantos equipos como sexa posíbel.

Tamén permitídeme recordarvos que temos os 8 enchufados:

Para facer que ningún equipo quedase fóra da Galiza Cup por mor de seguir na Copa de España, creamos o concepto dos 8 enchufados. Estes 8 enchufados pasarán directamente á segunda fase da Galiza Cup, e así terán unha marxe de 3 semanas máis para caer da Copa. Os 8 enchufados serán escollidos da seguinte maneira:

1.- Os equipos que sigan na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.
2.- Os equipos eliminados na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.

Desta maneira, a Galiza Cup levaríase a cabo en tres etapas.

1ª Liguilla

Nesta primeira fase faríanse tantos grupos de catro equipos como sexa posíbel, até un máximo de 8 dependendo do número de participantes. Iso si, é condición indispensábel que os grupos estean completos, non poderiamos facer ningún grupo de 3 ou 2.

Destos grupos pasarán en total 8 equipos. Dependendo do número de grupos, poden pasar máis ou menos equipos por grupo. Se hai catro grupos, pasarían o primeiro e o segundo de cada grupo. En caso de que houbese máis de catro grupos, pasarán os primeiros de grupo, e os mellores segundos ata completar o número de prazas, é dicir, ata que sexan 8 equipos. En caso de que sexan oito grupos, tan só pasarán os primeiros de cada grupo.

En caso de empate, os criterios de desempate son os seguintes, por esta orde:

1.- Menor número de NP (non presentados).
2.- BasketAverage (se son 2 equipos, o particular do seu encontro, se son máis, o global do grupo).
3.- En caso de empate total, o desempate dependerá da organización.

O sorteo realizarase tomando "cabezas de serie", polas xa antes mencionadas GCStats.

2ª Liguilla

Practicamente idéntica á primeira, e é aquí cando se "acoplan" os 8 enchufados. Catro grupos de catro equipos. Cada grupo estará composto por dous equipos enchufados, e dous equipos clasificados da primeira liguilla, todo por riguroso sorteo ao que só asistirei eu e a miña cadela se ten sorte.

En caso de que algúns dos 8 enchufados seguise disputando a Copa de España, o seu lugar sería ocupado polos seguintes enchufados dispoñibles, e despois miraríanse os mellores clasificados da primeira liguilla, tendo en conta primeiro o número de vitorias, e despois o basketaverage global. Como sei ben de que estades feitos, por se dous ou máis equipos obtivesen exactamente os mesmos números, o equipo clasificado sairía dun sorteo feito pola organización.

Nesta 2ª Liguilla, só se clasificará o campeón, polo que o boleto para a fase final estará o dobre de caro.

En caso de empate, os criterios de desempate son os seguintes, por esta orde:

1.- Menor número de NP (non presentados).
2.- BasketAverage (se son 2 equipos, o particular do seu encontro, se son máis, o global do grupo).
3.- En caso de empate total, o desempate dependerá da organización.

O sorteo realizarase tomando "cabezas de serie", tomando en primeiro lugar ós enchufados por orde de GCStats e en segundo lugar os clasificados da primeira liguilla por orde de GCStats.

Final Four

Duas semifináis entre os catro campeóns dos grupos da segunda liguiña, unha vez máis decidindo os emparellamentos por sorteo. Só un encontro e os dous gañadores pasarán á desexada final.

Os dous semifinalistas que perderan, se queren poden xogar o encontro do "Terceiro e Cuarto Posto".

This Post:
00
139413.3 in reply to 139413.2
Date: 4/5/2010 4:51:18 PM
Overall Posts Rated:
892892
Final

Debido á duración do torneo, a final ten que disputarse durante os PlayOff oficiais, polo que a data pode oscilar. Isto quere dicir que os dous finalistas terían que acordar unha data para xogar a final, xa que se un queda de 5º e outro xógase os descenso, non sería un encontro xusto. De tódolos xeitos, como último recurso, a final sempre se podería xogar no derradeiro amigábel da tempada, cando os PlayOff xa rematasen.

Por outra banda, se os dous finalistas queren poderíase xogar ao mellor de tres encontros. Terase que falar no momento e ver o que máis lle convén aos dous equipos implicados.

Calendario

Luns 5 de abril--> Apertura da Inscripción
Mércores 21 de abril--> Peche da Inscripción
Venres 23 de abril--> Sorteo da 1ª Liguilla
Xoves 29 de abril --> Primeiro encontro da 1ª Liguilla
Xoves 6 de maio --> Segundo encontro da 1ª Liguilla
Xoves 13 de maio--> Terceiro encontro da 1ª Liguilla
Verner 14 de maio--> Sorteo da 2ª Liguilla
Xoves 20 de maio --> Primeiro encontro da 2ª Liguilla
Xoves 27 de maio --> Segundo encontro da 2ª Liguilla
Xoves 3 de xuño --> Terceiro encontro da 2ª Liguilla
Venres 4 de xuño --> Sorteo da Final Four
Xoves 10 de xuño --> Semifinais

Como xa mencionei anteriormente, a final pode variar así que non a engado no calendario.

Encontros

Os encontros, como xa saberedes, xogaranse os xoves, nos amigábeis. O equipo que figure como local será o encargado de retar, e o visitante deberá estar atento para aceptar o reto. O luns a mediodía a máis tardar, o reto terá que estar feito polo equipo local, e o martes ao mediodía deberá estar aceptado polo visitante. Se se incumplen as datas, se o equipo que está a agardar o solicita, o encontro lle será dado por gañado por 25 - 0 e poderá buscarse outro amigábel para non perder o adestramento. Tamén é posíbel que o que figura como visitante faga o reto, pero neste caso terá que facelo para xogar fóra da casa, no pavillón do equipo que figura como local.

Responsabilidades nos Retos

No caso de que o reto non se peche correctamente, aquí vos deixo a mellor forma de actuar:

Se o teu rival se retrasa á hora de facer o reto, o mellor que podes facer é retalo ti e mandarlle un BB-mail avisándoo de que tendes encontro, que acepte canto antes. Isto vai tanto para locais como para visitantes. Se o problema persiste, é entón cando se recurre ao foro, ou aos organizadores, avisando do problema para que se tomen medidas.

Se o teu rival ten outro amigábel concertado, entón tes que avisar aos organizadores (polo foro ou BB-mail) canto antes do problema e agardar a súa resposta. Se a resposta dos organizadores tarda demasiado, bastará cun post no fío e xa poderás buscar outro amigábel para non perder o adestramento.

Agradecemos sempre que se deixe unha marxe de cortesía, xa que o rival puido ter calquera problema para conectarse, ou simplemente se lle pasou. As cotas están marcadas así para ter un tempo suficiente de reacción, pero realmente o amigábel se pode concertar ata a tarde do mércores, polo que o risco de perder o adestramento é pequeno. Sempre que se poida é de agradecer que agardedes un chisquiño máis polos vosos rivais!

Premio

Seguimos arrasando co agasallo, desta volta repetimos o premio da tempada pasada:

Pase VIP para o Fogar de Breogán (42300.1), que inclúe:

- Reservado ó carón do lume
- Barra libre para toda a vida!
- Tapas gratis para toda a vida!

Polo de agora Onire e Miki_zar por dúas veces e Litur, Pepe Beltrán, Matxone e Alexenko acadaron o seu oco na historia dos equipos galegos... Serás ti o seguinte???

Benvidos a esta novena Galiza Cup. Sentídevos coma na casa e pasade un bo anaco con nós. Se alguén ten algunha dúbida, suxestión ou queixa, podes dicilo neste mesmo fío ou, se o prefire, por BB-mail a min.

Benvidos!!!

This Post:
00
139413.4 in reply to 139413.3
Date: 4/5/2010 4:51:42 PM
Overall Posts Rated:
892892
Historia da Galiza Cup

Xa imos acumulando bastantes edicións, e as primeiras edicións xa se ven con certa lonxanía, pero no noso arquivo non se perde nada ;).

Primeira edición

Xa case con nostalxia podemos ollar o primeiro fío da Galiza Cup (13967.1). Mensaxe que por certo comeza cunha petición de desculpas porque daquela non se podía falar galego nos foros... Que cabreo collera...

Unha primeira edición que foi montada un pouco sobre a marcha, pero que ao final saíu bastante ben, a única pega que tivo é que quedou bastante xente fora... Unha mágoa. Afortunadamente agora xa comezamos co formato definido, e temos a experiencia destas edicións na organización, que nos axuda a evitar erros.

Campión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Final --> (3997474)


Segunda edición

Esta segunda edición xa foi bastante máis doada dende a organización, primeiro pola experiencia adquirida na primeira edición, e segundo pola colaboración na organización que prestou Litur. Se ve que lle colleu apego á Galiza Cup que non se puido librar dela. Tamén temos no arquivo o enlace ao fío, (31544.1)

Edición que ampliou un chisco máis o formato, pero inda así insuficiente. Foi outro erro máis para o saco da experiencia. Tamén foi a edición na que se implantou o método dos enchufados.

Campión --> Pepe Beltrán - Jericho B.C. – (75692)
Subcampión --> Kelepol – Celtics de Coia – (76267)
Final --> (6230309)

I Cunca dos Labregos

En paralelo a segunda edición da Galiza Cup, naceu esta outra competición coa idea inicial de dar cabida a aqueles equipos que non tiveron sitio na GC. Nesta primiera participación formáronse dous grupos de catro equipos que loitaron por convertirse nos primeiros en levarse o trofeo.

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> cruiss - C.B. Skalda - (42876)
Final --> (6054980)


Terceira edición

Esta edición pasará á historia da Galiza Cup por ser a edición dos comités. E é que foron moitos os encontros que deron problemas, e en cada un deles houbo unha investigación e unha resolución. Á marxe dos problemas no peche dalgúns encontros, hai que salientar que de novo nesta edición se ampliou o formato, ata un total de 40 equipos participantes, incluíndo os 8 enchufados. Tamen hai que salientar a colaboración impagábel de Litur. Como non, conservamos o enlace ao fío, (45869.1).

Campión --> Matxone - Juanito Caminante - (76841)
Subcampión --> Kelepol - Celtics de Coia - (76267)
Final --> (8249241)

II Cunca dos Labregos

De novo se leva a cabo a Cunca dos Labregos, dando entrada, nesta ocasión, aos mellores equipos que quedaron fora da primeira fase da GC e aos equipos que non puideron entrar dos que todavía estaban xogando a Copa. A final por un despiste tivo que xogarse na temporada seguinte.

Campión --> Natx0 - Celta de Vigo - (77726)
Subcampión --> -noel- - Chikichikies - (76872)
Final --> (10363766)

Cuarta edición

A cuarta edición da Galiza Cup cheira a estabilidade. Por primeira vez non se tocou o formato (para algo que nos funciona ben!), nin houbo moito choio para o comité... Ains... Que tranquilidade. A Galiza Cup xa comeza a coller ese cariz familiar e fogareño que tanto nos gusta. Unha vez máis, Litur de "chapeaux". Tamén se podería salientar o primeiro intento de incorporar a Galiza Cup nunha "Supercopa de España" que ao final non se levou a cabo. Gardamos o enlace no arquivo, por se algún nostálxico quere repasar aqueles días de gloria (59976.1).

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> Miki_zar - Chacaritas Team- (76515)
Final --> (10652380)

Last edited by Alexenko at 4/5/2010 5:02:21 PM

This Post:
00
139413.5 in reply to 139413.4
Date: 4/5/2010 4:54:07 PM
Overall Posts Rated:
892892
III Cunca dos Labregos

Seguindo a mesma liña que na segunda edición, de novo 16 equipos buscaron levarse o trofeo cara as súas vitrinas. De novo moita emoción entre aqueles equipos que non puideron seguir adiante na GC.

Campión --> Mjorgan - Garfunkel - (76866)
Subcampión --> jpergom - Diplococo Team - (26057)
Final --> (10648338)

Quinta edición

Edición que voltou ca tradición de facer trocos. Para non perder as boas costumes, introducimos unha pequena modificación no modo de facer os desempates, para facelos máis xustos. Á marxe diso, foi unha edición que transcorreu con bastante tranquilidade, e case que o máis salientábel foi que por primeira vez na Galiza Cup unha final repetiuse, e non foi outra que a que enfrentou ós dous organizadores. Salientar tamén a ausencia da Cunca esta tempada pola paternidade de Litur. Como non, dispoñemos do fío no noso arquivo para quen desexe consultalo (80077.1).

Campión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Subcampión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Final --> (13048991)


Sexta edición

Nova edición da Galiza Cup, desta volta xa sen trocos. Ó fin e ó cabo, os erros van levando a solucións, e o xa se vai acadando unha rutina moi tranquila para o torneo. Primeira edición na que se repite campeón, o primeiro en acadar o segundo trofeo. Por outra banda salientar a volta da Cunca de mans de Litur, que xa pasados os primeiros meses da súa paternidade, voltou a organizar un torneo que xa ten vida e historia propia. No noso arquivo persoal tamén gardamos a ligazón da sexta edición (98064.1)

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)
Final --> (15470149)

IV Cunca dos Labregos

Tras un ano de ausencia, voltou a Cunca dos Labregos, repetindo o formato da III edición, e dicir, 16 equipos saidos de entre os que non puideron entrar na GC e os mellores conxuntos dos 18 eliminados da primeira fase. Está claro que con cada edición a Cunca toma mais prestixio xa que a emoción e a loita por levarse o título é cada vez mais encarnizada.

Campión --> Trapall - Entreleiras - (79266)
Subcampión --> Jpergom - Diplococo Team - (26057)
Final --> (15463325)


Séptima edición

Nova edición con aires de familiaridade, tan familiar coma a axuda de Litur na organización. Se cadra o máis salientábel son os poucos problemas que houbo cos encontros que non se concertaron e que non chegou á Final Four ningún dos equipos que xa tiñan un trofeo da GC. Salientar tamén que non quedou ningún equipo inscrito fóra, agás os enchufados que duraron de máis na Copa, polo que non foi necesaria a organización da Cunca dos Labregos. E de paso engadimos outro fío máis ó noso arquivo persoal (113475.1)

Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)
Final --> (17912863)


Oitava edición

Edición na que cabe destacar a incorporación de Miki_zar á familia dos organizadores da Galiza Cup. Outra edición con poucos problemas nos retos, grazas en parte á boa labor de Miki ó encargarse dos retos que non marchaban. No deportivo salientar que chegaron á final os memos equipos ca tempada pasada, e a primeira incomparecencia a unha final, o que mermou un pouco o espectáculo do torneo. Tamén salientar que é a primeira vez que un equipo gaña dous torneos consecutivos. Xa postos arquivamos tamén na nosa biblioteca o fío da edición (125647.1).

Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)

Last edited by Alexenko at 4/5/2010 5:00:08 PM

This Post:
00
139413.6 in reply to 139413.5
Date: 4/5/2010 4:54:29 PM
Overall Posts Rated:
892892
Clasificación Histórica por Galiza Cup Stats

1 GM-Litur Chorima Basket 460
2 LA-Alexenko Universidad de Cambre 410
3 miki_zar Chacaritas Team 400
4 Onire Corrichos 389
5 Giovanella Irmandades da fala NG 380
6 kelepol Celtics de Coia 376
7 Sapoconcho Cans de Palleiro 342
8 Souto Galiza Celtics 324
9 Oyagun Ktulu 306
10 cruiss C.B. Skalda 273
11 Sozap86 Bergondo Sperm Whales 270
12 DevillX Raxo City 234
13 Matxone Juanito Caminante 224
14 Xosesinho Tropa do Carallo 212
15 Ivanff Forza Breo 198
16 DunklerGeier Ourense Bulls 181
17 OReiDasCanastas Labazadas in Your Face S.A. 179
18 Tonhocid Viña Costeira 173
19 GZ-xexu Maure Team 170
20 Jorg Garfunkel 168
21 Diebro Lavacolla B.C 166
22 Platanito21 Escairón 164
23 albarello-lnc Touland Trail Blazers 157
24 Cazador St. Gallen Club 139
25 El facass CB Muradan 132
26 Jpergom Diplococo Team 132
27 Milosevic Os Millo Lakers 126
28 Xoanp Cacique Tean 115
29 Shanty C.B. Sotonera 112
30 Hamlet29 Gallegos Medievais 111
31 Pepe Beltrán Jericho B.C 110
32 Trapall Entreleiras 105
33 david campos Breogan 101
34 Lafita99 Los putos amos 94
35 Martinez Calvario Mavericks 93
36 Alex Lamela C.B. Todoporelaro 92
37 Freitas Mexilons da Ría 90
38 Afarensis Ferrol Destroyers 86
39 Jacks CP3 82
40 Xoanp Xubia basket 81
41 An Pensado Pontepedriña 73
42 kotxunaitis La Kinder del kotxudo 70
43 Coxx Dubert C.B. 68
44 Vartokomus Lostrego Coiense BT 68
45 Carracillo Carracillo 64
46 Sete stars Stas ke si 63
47 Feedback Panetones do Caralho 61
48 Noel Chikichikies 58
49 Natx0 Celta de Vigo 58
50 elcadro Tojuplastica 58
51 Traska Coiotes 54
52 Maripakis Korunha Basket 46
53 Marco605_ Atletico Peluso 2007 45
54 Crrremas Rastapastovic 43
55 Sweet Devesa Celtics 43
56 Trozo Serres C.B. 42
57 realinho Barqueiro Showtimes C.B. 41
58 Henricovic PioXII CB 36
59 Deluxe Victoria Deluxe 35
60 Johnson Waltercio Johnson's Five 31
61 Mige Monty Phyton 31
62 CastelaoGZ CastelaoGZ 27
63 Michi84 Los Mantas 27
64 AndeFente Brozas C.B. 27
65 Outeiro Berenguela 26
66 nandotas77 Mesoiro Basket 26
67 Muleiro Celta Corcores 26
68 Cernicalo89 Chantada Octopus 24
69 Frikimordor Axa Winterthur Treboada 20
70 Bacilolactico Bacilo´s Team 20
71 Danilo1 Lacón con Grelos 20
72 El ingeniero Los Tanques 20
73 Luigidac Tucson C.B. 18
74 Arenazero AnubiS 15
75 SergioMuradan O´Nogal Basket Club 15
76 Solomeo CB Ourense 15
77 Os fumetas de lars Pequeno lars 14
78 Racso Burgas Basket 14
79 jaime69 Xanita Basket 5
80 garrido Orense Heat 5
81 chamallex Castreloswolf Changas 5
82 dieginho_7 C.B. Vila de Meira 5
83 candaira L.A. Chaikers 5
84 breogan LeiteRíoBreogan 5
85 deivy_57 Leite Ron Breogan 5
86 toninho Celta Vigo Urban 5
87 kikeiglesias ¡¡ Viva el Rey !! 5
88 MrMac C.B. Rabadense 5
89 jako0b0 Liberation 2
90 C.B. Lobelle Markosevic 0
91 Cuervos negros Roiko 0
92 Gaxego Teamer Dreamer -10
93 Springüich Joshuas Team -10
94 Nazareno Pulpo a galega -10
95 Elx Baloncesto Ilicitano -10

Last edited by Alexenko at 4/22/2010 11:47:53 AM

This Post:
00
139413.7 in reply to 139413.6
Date: 4/5/2010 4:54:38 PM
Overall Posts Rated:
892892
Galiza Cup Stats

De seguido teredes unha lista ca cantidade de Galiza Cup Stats que se obteñen por cada acción!

Inscribirse ----------------------------------------------> 20
Enchufados que seguen na Copa -------------------> 15
Non Retar ----------------------------------------------> -10
Non Aceptar o Reto -----------------------------------> -10
Partido Gañado na 1ª Liguilla -------------------------> 3
Partido Perdido na 1ª Liguilla -------------------------> 2
Clasificarse Liguilla como 1º ---------------------------> 6
Clasificarse Liguilla como 2º ---------------------------> 4
Partido Gañado na 2ª Liguilla -------------------------> 5
Partido Perdido na 2ª Liguilla -------------------------> 3
Clasificarse Liguilla como 2º ---------------------------> 10
Semifinalista da GC ------------------------------------> 25
Subcampión da GC ------------------------------------> 35
Campión da GC -----------------------------------------> 50

This Post:
00
139413.8 in reply to 139413.7
Date: 4/5/2010 5:23:42 PM
Overall Posts Rated:
276276
dan puntos por ser o primeiro en anotarse ;)

This Post:
00
139413.9 in reply to 139413.8
Date: 4/5/2010 5:25:27 PM
Overall Posts Rated:
892892
Pois deberían, porque o primeiro sempre son eu...

Benvido, e prepárate para atizarlle ben ó Miki, que desta non pode saír vivo daquí!

This Post:
00
139413.10 in reply to 139413.9
Date: 4/5/2010 5:40:52 PM
Overall Posts Rated:
464464
Xa estamos metendo press dende o comezo..... manda carallo.... pois penso que este ano para reeditar vou ter que gañar todolos partidos ( este xoves = palmo en copa que coa lesión que tiven vou xustiño de plantel...), pero non me achico, teño uns grandes reservas que seguro que vanvos por ben cara a GZ CUP, anótame e se cando precises axuda me dis por BB.

A pola III consecutiva¡¡¡¡

This Post:
00
139413.11 in reply to 139413.10
Date: 4/5/2010 5:41:56 PM
Overall Posts Rated:
892892
Coido que vaise transpapelar a túa inscripción... ;)