BuzzerBeater Forums

BB España > [Gal] Galiza Cup XII

[Gal] Galiza Cup XII

Set priority
Show messages by
This Post:
00
173248.1
Date: 2/1/2011 12:58:53 PM
Overall Posts Rated:
892892
GALIZA CUP XII

Unha vez máis comeza a tempada, e unha vez máis aquí me tedes argallando unha nova Galiza Cup. E xa van doce veces que a nosa Raíña decide pasar polo BuzzerBeater a buscar un novo campión. Unha vez máis teremos que aturar a Litur e Miki_zar na organización, todo un pracer tervos aquí. Unha vez máis, grazas rapaces.

Tamén vos quero recordar que, na conferencia Axuda - Galego, tendes aberto o noso furancho, O Fogar de Breogán (42300.1), onde estades convidados todos a tomar algo e compartir lume e anécdotas. Os participantes da Galiza Cup teñen todo gratis, a ver se esperta un pouco a comunidade galega e comentamos como nos vai. Tamén vos recordo que temos alí o fío de LA-Galego (88747.1), onde poderedes comentar calquera aspecto sobre a nosa lingua no BB.

Participantes

Non nos imos pór estrictos agora, non? Coma sempre, para participar o único que fai falla é apuntarse. Non é necesario ser supporter, pois os encontros xóganse os xoves, o días dos amigábeis normais. Compre dicir que a lingua oficial da organización do torneo será o galego, polo tanto é recomendábel ter un bo coñecemento do galego para non ter problemas. Obviamente non faremos discriminacións, e se alguén precisa axuda, sempre poderá pedir que lle pasemos a información en castelán por privado.

Inscripcións

Para anotarse nesta undécima edición da Galiza Cup, o único que tes que facer é dicilo neste fío. Non se admitirán inscripcións por BB-mail, xa que dá máis choio e habería que pórse a ordenar as inscripcións. Polo tanto, a única forma de inscribirse e dicíndoo neste fío, calquera outra forma non terá validez.

Prazo de Inscripción

O prazo de inscripción comeza xa mesmo e remata o día 11 de febreiro, así que tedes 10 días para anotarvos... Non o deixedes para o último momento!

This Post:
00
173248.2 in reply to 173248.1
Date: 2/1/2011 12:59:19 PM
Overall Posts Rated:
892892
Formato do Torneo

A duración total da Galiza Cup será de 8 semanas. Como xa sabedes, na primeira fase faranse grupos de catro equipos, ca posibilidade de chegar até un máximo de 8 grupos para dar cabida a tantos equipos como sexa posíbel.

Tamén permitídeme recordarvos que temos os 8 enchufados:

Para facer que ningún equipo quedase fóra da Galiza Cup por mor de seguir na Copa de España, creamos o concepto dos 8 enchufados. Estes 8 enchufados pasarán directamente á segunda fase da Galiza Cup, e así terán unha marxe de 3 semanas máis para caer da Copa. Os 8 enchufados serán escollidos da seguinte maneira:

1.- Os equipos que sigan na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.
2.- Os equipos eliminados na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.

Desta maneira, a Galiza Cup levaríase a cabo en tres etapas.

1ª Liguilla

Nesta primeira fase faríanse tantos grupos de catro equipos como sexa posíbel, até un máximo de 8 dependendo do número de participantes. Iso si, é condición indispensábel que os grupos estean completos, non poderiamos facer ningún grupo de 3 ou 2.

Destos grupos pasarán en total 8 equipos. Dependendo do número de grupos, poden pasar máis ou menos equipos por grupo. Se hai catro grupos, pasarían o primeiro e o segundo de cada grupo. En caso de que houbese máis de catro grupos, pasarán os primeiros de grupo, e os mellores segundos ata completar o número de prazas, é dicir, ata que sexan 8 equipos. En caso de que sexan oito grupos, tan só pasarán os primeiros de cada grupo.

En caso de empate, os criterios de desempate son os seguintes, por esta orde:

1.- Menor número de NP (non presentados).
2.- BasketAverage (se son 2 equipos, o particular do seu encontro, se son máis, o global do grupo, agás no caso de non presentados, no que se contaría o enfrontamento directo entre os equipos que teñen o mesmo número de non presentados).
3.- En caso de empate total, o desempate dependerá da organización.

O sorteo realizarase tomando "cabezas de serie", polas xa antes mencionadas GCStats.

2ª Liguilla

Practicamente idéntica á primeira, e é aquí cando se "acoplan" os 8 enchufados. Catro grupos de catro equipos. Cada grupo estará composto por dous equipos enchufados, e dous equipos clasificados da primeira liguilla, todo por riguroso sorteo ao que só asistirei eu e a miña cadela se ten sorte.

En caso de que algúns dos 8 enchufados seguise disputando a Copa de España, o seu lugar sería ocupado polos seguintes enchufados dispoñibles, e despois miraríanse os mellores clasificados da primeira liguilla, tendo en conta primeiro o número de vitorias, e despois o basketaverage global. Como sei ben de que estades feitos, por se dous ou máis equipos obtivesen exactamente os mesmos números, o equipo clasificado sairía dun sorteo feito pola organización.

Nesta 2ª Liguilla, só se clasificará o campeón, polo que o boleto para a fase final estará o dobre de caro.

En caso de empate, os criterios de desempate son os seguintes, por esta orde:

1.- Menor número de NP (non presentados).
2.- BasketAverage (se son 2 equipos, o particular do seu encontro, se son máis, o global do grupo, agás no caso de non presentados, no que se contaría o enfrontamento directo entre os equipos que teñen o mesmo número de non presentados).
3.- En caso de empate total, o desempate dependerá da organización.

O sorteo realizarase tomando "cabezas de serie", tomando en primeiro lugar ós enchufados por orde de GCStats e en segundo lugar os clasificados da primeira liguilla por orde de GCStats.

Final Four

Duas semifináis entre os catro campeóns dos grupos da segunda liguiña, unha vez máis decidindo os emparellamentos por sorteo. Só un encontro e os dous gañadores pasarán á desexada final. Cabe salientar que o factor campo será por sorteo, agás que os equipos xa se atopasen con anterioridade nas Final Four, entón xogarase no campo onde non se xogou a última vez.

This Post:
00
173248.3 in reply to 173248.2
Date: 2/1/2011 12:59:56 PM
Overall Posts Rated:
892892
Final

Debido á duración do torneo, a final ten que disputarse durante os PlayOff oficiais, polo que a data pode oscilar. Isto quere dicir que os dous finalistas terían que acordar unha data para xogar a final, xa que se un queda de 5º e outro xógase os descenso, non sería un encontro xusto. De tódolos xeitos a final sempre se podería xogar no derradeiro amigábel da tempada, cando os PlayOff xa rematasen.

Por outra banda, se os dous finalistas queren poderíase xogar ao mellor de tres encontros. Terase que falar no momento e ver o que máis lle convén aos dous equipos implicados.

Calendario

Luns 1 de febreiro --> Apertura da Inscripción
Venres 11 de febreiro --> Peche da Inscripción
Venres 11 de febreiro--> Sorteo da 1ª Liguilla
Xoves 17 de febreiro --> Primeiro encontro da 1ª Liguilla
Xoves 24 de febreiro --> Segundo encontro da 1ª Liguilla
Xoves 3 de marzo --> Terceiro encontro da 1ª Liguilla
Verner 4 de marzo--> Sorteo da 2ª Liguilla
Xoves 10 de marzo--> Primeiro encontro da 2ª Liguilla
Xoves 17 de marzo--> Segundo encontro da 2ª Liguilla
Xoves 24 de marzo--> Terceiro encontro da 2ª Liguilla
Venres 25 de marzo --> Sorteo da Final Four
Xoves 31 de marzo--> Semifinais

Como xa mencionei anteriormente, a final pode variar así que non a engado no calendario.

Encontros

Os encontros, como xa saberedes, xogaranse os xoves, nos amigábeis. O equipo que figure como local será o encargado de retar, e o visitante deberá estar atento para aceptar o reto. O luns a mediodía a máis tardar, o reto terá que estar feito polo equipo local, e o martes ao mediodía deberá estar aceptado polo visitante. Se se incumplen as datas, se o equipo que está a agardar o solicita, o encontro lle será dado por gañado por 25 - 0 e poderá buscarse outro amigábel para non perder o adestramento. Tamén é posíbel que o que figura como visitante faga o reto, pero neste caso terá que facelo para xogar fóra da casa.

Responsabilidades nos Retos

No caso de que o reto non se peche correctamente, aquí vos deixo a mellor forma de actuar:

Se o teu rival se retrasa á hora de facer o reto, o mellor que podes facer é retalo ti e mandarlle un BB-mail avisándoo de que tendes encontro, que acepte canto antes. Isto vai tanto para locais como para visitantes. Se o problema persiste, é entón cando se recurre ao foro, ou aos organizadores, avisando do problema para que se tomen medidas.

Se o teu rival ten outro amigábel concertado, entón tes que avisar aos organizadores (polo foro ou BB-mail) canto antes do problema e agardar a súa resposta. Se a resposta dos organizadores tarda demasiado, bastará cun post no fío e xa poderás buscar outro amigábel para non perder o adestramento.

Agradecemos sempre que se deixe unha marxe de cortesía, xa que o rival puido ter problemas para conectarse. As cotas están para ter tempo suficiente de reacción, pero realmente o amigábel pódese concertar ata a tarde do mércores, polo que o risco de perder o adestramento é pequeno. Sempre que se poida é de agradecer que agardedes máis polos vosos rivais!

Se ningún dos dous equipos informa dos problemas, é posible que se dea o encontro por perdido a ámbolos dous equipos.

Premio

Seguimos arrasando co agasallo, desta volta repetimos o premio da tempada pasada:

Pase VIP para o Fogar de Breogán (42300.1), que inclúe:

- Reservado ó carón do lume
- Barra libre para toda a vida!
- Tapas gratis para toda a vida!

Polo de agora Miki_zar por catro veces, Onire por tres veces, Litur, Pepe Beltrán, Matxone e Alexenko acadaron o seu oco na historia dos equipos galegos... Serás ti o seguinte???

Benvidos a esta duodécima Galiza Cup. Sentídevos coma na casa e pasade un bo anaco con nós. Se alguén ten algunha dúbida, suxestión ou queixa, podes dicilo neste mesmo fío ou, se o prefires, por BB-mail a min.

Benvidos!!!

This Post:
00
173248.4 in reply to 173248.3
Date: 2/1/2011 1:00:29 PM
Overall Posts Rated:
892892
Historia da Galiza Cup

Xa imos acumulando bastantes edicións, e as primeiras edicións xa se ven con certa lonxanía, pero no noso arquivo non se perde nada ;).

Primeira edición

Xa case con nostalxia podemos ollar o primeiro fío da Galiza Cup (13967.1). Mensaxe que por certo comeza cunha petición de desculpas porque daquela non se podía falar galego nos foros... Que cabreo collera...

Unha primeira edición que foi montada un pouco sobre a marcha, pero que ao final saíu bastante ben, a única pega que tivo é que quedou bastante xente fora... Unha mágoa. Afortunadamente agora xa comezamos co formato definido, e temos a experiencia destas edicións na organización, que nos axuda a evitar erros.

Campión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Final --> (3997474)


Segunda edición

Esta segunda edición xa foi bastante máis doada dende a organización, primeiro pola experiencia adquirida na primeira edición, e segundo pola colaboración na organización que prestou Litur. Se ve que lle colleu apego á Galiza Cup que non se puido librar dela. Tamén temos no arquivo o enlace ao fío, (31544.1)

Edición que ampliou un chisco máis o formato, pero inda así insuficiente. Foi outro erro máis para o saco da experiencia. Tamén foi a edición na que se implantou o método dos enchufados.

Campión --> Pepe Beltrán - Jericho B.C. – (75692)
Subcampión --> Kelepol – Celtics de Coia – (76267)
Final --> (6230309)

I Cunca dos Labregos

En paralelo a segunda edición da Galiza Cup, naceu esta outra competición coa idea inicial de dar cabida a aqueles equipos que non tiveron sitio na GC. Nesta primiera participación formáronse dous grupos de catro equipos que loitaron por convertirse nos primeiros en levarse o trofeo.

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> cruiss - C.B. Skalda - (42876)
Final --> (6054980)


Terceira edición

Esta edición pasará á historia da Galiza Cup por ser a edición dos comités. E é que foron moitos os encontros que deron problemas, e en cada un deles houbo unha investigación e unha resolución. Á marxe dos problemas no peche dalgúns encontros, hai que salientar que de novo nesta edición se ampliou o formato, ata un total de 40 equipos participantes, incluíndo os 8 enchufados. Tamen hai que salientar a colaboración impagábel de Litur. Como non, conservamos o enlace ao fío, (45869.1).

Campión --> Matxone - Juanito Caminante - (76841)
Subcampión --> Kelepol - Celtics de Coia - (76267)
Final --> (8249241)

II Cunca dos Labregos

De novo se leva a cabo a Cunca dos Labregos, dando entrada, nesta ocasión, aos mellores equipos que quedaron fora da primeira fase da GC e aos equipos que non puideron entrar dos que todavía estaban xogando a Copa. A final por un despiste tivo que xogarse na temporada seguinte.

Campión --> Natx0 - Celta de Vigo - (77726)
Subcampión --> -noel- - Chikichikies - (76872)
Final --> (10363766)

Cuarta edición

A cuarta edición da Galiza Cup cheira a estabilidade. Por primeira vez non se tocou o formato (para algo que nos funciona ben!), nin houbo moito choio para o comité... Ains... Que tranquilidade. A Galiza Cup xa comeza a coller ese cariz familiar e fogareño que tanto nos gusta. Unha vez máis, Litur de "chapeaux". Tamén se podería salientar o primeiro intento de incorporar a Galiza Cup nunha "Supercopa de España" que ao final non se levou a cabo. Gardamos o enlace no arquivo, por se algún nostálxico quere repasar aqueles días de gloria (59976.1).

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> Miki_zar - Chacaritas Team- (76515)
Final --> (10652380)

This Post:
00
173248.5 in reply to 173248.4
Date: 2/1/2011 1:00:56 PM
Overall Posts Rated:
892892
III Cunca dos Labregos

Seguindo a mesma liña que na segunda edición, de novo 16 equipos buscaron levarse o trofeo cara as súas vitrinas. De novo moita emoción entre aqueles equipos que non puideron seguir adiante na GC.

Campión --> Mjorgan - Garfunkel - (76866)
Subcampión --> jpergom - Diplococo Team - (26057)
Final --> (10648338)

Quinta edición

Edición que voltou ca tradición de facer trocos. Para non perder as boas costumes, introducimos unha pequena modificación no modo de facer os desempates, para facelos máis xustos. Á marxe diso, foi unha edición que transcorreu con bastante tranquilidade, e case que o máis salientábel foi que por primeira vez na Galiza Cup unha final repetiuse, e non foi outra que a que enfrentou ós dous organizadores. Salientar tamén a ausencia da Cunca esta tempada pola paternidade de Litur. Como non, dispoñemos do fío no noso arquivo para quen desexe consultalo (80077.1).

Campión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Subcampión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Final --> (13048991)

Sexta edición

Nova edición da Galiza Cup, desta volta xa sen trocos. Ó fin e ó cabo, os erros van levando a solucións, e o xa se vai acadando unha rutina moi tranquila para o torneo. Primeira edición na que se repite campeón, o primeiro en acadar o segundo trofeo. Por outra banda salientar a volta da Cunca de mans de Litur, que xa pasados os primeiros meses da súa paternidade, voltou a organizar un torneo que xa ten vida e historia propia. No noso arquivo persoal tamén gardamos a ligazón da sexta edición (98064.1)

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)
Final --> (15470149)

IV Cunca dos Labregos

Tras un ano de ausencia, voltou a Cunca dos Labregos, repetindo o formato da III edición, e dicir, 16 equipos saidos de entre os que non puideron entrar na GC e os mellores conxuntos dos 18 eliminados da primeira fase. Está claro que con cada edición a Cunca toma mais prestixio xa que a emoción e a loita por levarse o título é cada vez mais encarnizada.

Campión --> Trapall - Entreleiras - (79266)
Subcampión --> Jpergom - Diplococo Team - (26057)
Final --> (15463325)

Séptima edición

Nova edición con aires de familiaridade, tan familiar coma a axuda de Litur na organización. Se cadra o máis salientábel son os poucos problemas que houbo cos encontros que non se concertaron e que non chegou á Final Four ningún dos equipos que xa tiñan un trofeo da GC. Salientar tamén que non quedou ningún equipo inscrito fóra, agás os enchufados que duraron de máis na Copa, polo que non foi necesaria a organización da Cunca dos Labregos. E de paso engadimos outro fío máis ó noso arquivo persoal (113475.1)

Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)
Final --> (17912863)

Oitava edición

Edición na que cabe destacar a incorporación de Miki_zar á familia dos organizadores da Galiza Cup. Outra edición con poucos problemas nos retos, grazas en parte á boa labor de Miki ó encargarse dos retos que non marchaban. No deportivo salientar que chegaron á final os mesmos equipos ca tempada pasada, e a primeira incomparecencia a unha final, o que mermou un pouco o espectáculo do torneo. Tamén salientar que é a primeira vez que un equipo gaña dous torneos consecutivos. Xa postos arquivamos tamén na nosa biblioteca o fío da edición (125647.1).

Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)

This Post:
00
173248.6 in reply to 173248.5
Date: 2/1/2011 1:01:27 PM
Overall Posts Rated:
892892

Novena edición

Sen dúbida a edición con menos problemas para a organización. Tan só un encontro o que non se disputou do total dos encontros da Galiza Cup, cortesía de Giovanella (a ovella negra da GC). Un record que sen dúbida tentaremos superar, e conseguir unha edición na que se xoguen tódolos encontros. Tamén destacábel un pequeno troco no formato, que afecta ó factor campo na Final Four. No apartado deportivo salientar un nome propio: Miki_zar. O bo de Miki non só se convertiu no encargado de ollar que os retos se cumplan, se non que se convertiu no primeiro equipo en gañar tres edicións da Galiza Cup, ademais de xeito consecutivo. De novo gardamos na nosa memoria o fío da edición (139413.1).

Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Final --> (22975496)

Décima edición

Décima edición da Galiza Cup, na que tivemos un completo repado de case tódolos clásicos que acompañan a nosa competición. Dende o xa habitual pequeno troco nas regras, que desta volta foi un simple apunte nas regras de desempate, até un novo campionato para Chacaritas Team, pasando polas típicas investigacións nos encontros non pechados. Máis alá diso, unha décima edición que de novo gañou Miki_zar, que a este paso terá que ampliar o seu pavillón, ou máis ben a sala de trofeos. Para non perder nada, engadimos á nosa libraría persoal o vencello cara o fío desa edición (152410.1)

Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team - (76515)
Subcampión --> DunklerGeier – Ourense Bulls – (76363)
Final --> (26087904)

Undécima edición

Edición salientábel por dúas cousas e media. A primeira e que agás a apertura do torneo, toda a organización correu a cargo de Litur e Miki_zar, e como non podía ser doutro modo, todo saiu a pedir de boca. A segunda novidade é que non gañou Chacaritas o seu quinto torneo consecutivo, que xa ía sendo hora de que o botasemos de aí. A outra media novidade é que a falta de que o gañase o máis abusón, o gañou o segundo máis abusón, e así Onire acadou a súa terceira Galiza Cup. E como xa non pode ser doutro xeito, gardamos tamén o vencello da edición no noso arquivo: (160490.1)

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Final --> (29177118)

This Post:
00
173248.7 in reply to 173248.6
Date: 2/1/2011 1:01:57 PM
Overall Posts Rated:
892892
Clasificación Histórica de Galiza Cup Stats

1.- miki_zar/ Chacaritas Team 611
2.- LA-Alexenko/ Universidad de Cambre 608
3.- GM-Litur/ Chorima Basket 592
4.- Onire/ Corrichos 592
5.- Sapoconcho/ Cans de Palleiro 520
6.- kelepol/ Celtics de Coia 468
7.- Oyagun/ Ktulu 453
8.- cruiss/ C.B. Skalda 425
9.- Sozap86/ Bergondo Sperm Whales 416
10.- Giovanella/ Irmandades da fala NG 413
11.- DevillX/ Raxo City 353
12.- DunklerGeier/ Ourense Bulls 342
13.- Souto/ Galiza Celtics 324
14.- Jpergom/ Diplococo Team 237
15.- Matxone/ Juanito Caminante 224
16.- Xosesinho/ Tropa do Carallo 212
17.- Ivanff/ Forza Breo 198
18.- Jorg/ Garkunkel/Centolas Asasinas 196
19.- Xoanp/ Xubia basket/Cacique Tean 196
20.- Freitas/ Mexilons da Ría 194
21.- david campos/ Breogan 184
22.- OReiDasCanastas/ Labazadas in Your Face S.A. 179
23.- Tonhocid/ Viña Costeira 173
24.- GZ-xexu/ Maure Team 170
25.- kotxunaitis/ La Kinder del kotxudo 170
26.- Diebro/ Lavacolla B.C 166
27.- Platanito21/ Escairón 164
28.- albarello-lnc/ Touland Trail Blazers 157
29.- Traska/ Coiotes 156
30.- Feedback/ Panetones do Caralho 152
31.- Danilo1/ Lacón con Grelos 143
32.- Trapall/ Entreleiras 140
33.- Cazador/ St. Gallen Club 139
34.- El facass/ CB Muradan 132
35.- Milosevic/ Os Millo Lakers 126
36.- Noel/ Chikichikies 122
37.- Sweet/ Devesa Celtics 120
38.- Natx0/ Celta de Vigo 114
39.- Mige/ Monty Phyton 114
40.- Shanty/ C.B. Sotonera 112
41.- Hamlet29/ Gallegos Medievais 111
42.- Pepe Beltrán/ Jericho B.C 110
43.- Famento/ Os Famentos 96
44.- Lafita99/ Los putos amos 94
45.- Martinez/ Calvario Mavericks 93
46.- Alex Lamela/ C.B. Todoporelaro 92
47.- Afarensis/ Ferrol Destroyers 86
48.- Josevicius/ Penasteam 83
49.- Jacks/ CP3 82
50.- Misma/ Dreamer Teamer 78
51.- An Pensado/ Pontepedriña 73
52.- Coxx/ Dubert C.B. 68
53.- Vartokomus/ Lostrego Coiense BT 68
54.- KiSpMc/ Federación 67
55.- Carracillo/ Carracillo 64
56.- Sete stars/ Stas ke si 63
57.- Deluxe/ Victoria Deluxe 60
58.- elcadro/ Tojuplastica 58
59.- Madmartigan/ C.B. Duncan 58
60.- Bacilolactico/ Bacilo´s Team 47
61.- Maripakis/ Korunha Basket 46
62.- Marco605_/ Atletico Peluso 2007 45
63.- Crrremas/ Rastapastovic 43
64.- Trozo/ Serres C.B. 42
65.- realinho/ Barqueiro Showtimes C.B. 41
66.- Henricovic/ PioXII CB 36
67.- Johnson Waltercio/ Johnson's Five 31
68.- CastelaoGZ/ CastelaoGZ 27
69.- Michi84/ Los Mantas 27
70.- AndeFente/ Brozas C.B. 27
71.- Outeiro/ Berenguela 26
72.- nandotas77/ Mesoiro Basket 26
73.- Muleiro/ Celta Corcores 26
74.- FleaDX/ Funky Peppers 26
75.- Cernicalo89/ Chantada Octopus 24
76.- Frikimordor/ Axa Winterthur Treboada 20
77.- El ingeniero/ Los Tanques 20
78.- Luigidac/ Tucson C.B. 18
79.- AnubiS/ Arenazero 15
80.- SergioMuradan/ O´Nogal Basket Club 15
81.- Solomeo/ CB Ourense 15
82.- Pequeno lars/ Os fumetas de lars 14
83.- Racso/ Burgas Basket 14
84.- jaime69/ Xanita Basket 5
85.- garrido/ Orense Heat 5
86.- chamallex / Castreloswolf Changas 5
87.- dieginho_7/ C.B. Vila de Meira 5
88.- candaira/ L.A. Chaikers 5
89.- breogan/ LeiteRíoBreogan 5
90.- deivy_57/ Leite Ron Breogan 5
91-. toninho/ Celta Vigo Urban 5
92.- kikeiglesias/ ¡¡ Viva el Rey !! 5
93.- MrMac/ C.B. Rabadense 5
94.- jako0b0/ Liberation 2
95.- Markosevic/ C.B. Lobelle 0
96.- Roiko/ Cuervos negros 0
97.- Gaxego/ Teamer Dreamer -10
98.- Springüich/ Joshuas Team -10
99.- Nazareno/ Pulpo a galega -10
100.- Elx/ Baloncesto Ilicitano -10


Last edited by litur at 2/8/2011 6:06:21 PM

This Post:
00
173248.8 in reply to 173248.7
Date: 2/1/2011 1:02:10 PM
Overall Posts Rated:
892892
Galiza Cup Stats

De seguido teredes unha lista ca cantidade de Galiza Cup Stats que se obteñen por cada logro!

Inscribirse ----------------------------------------------> 20
Enchufados que seguen na Copa -------------------> 15
Non Retar ----------------------------------------------> -10
Non Aceptar o Reto -----------------------------------> -10
Partido Gañado na 1ª Liguilla -------------------------> 3
Partido Perdido na 1ª Liguilla -------------------------> 2
Clasificarse Liguilla como 1º ---------------------------> 6
Clasificarse Liguilla como 2º ---------------------------> 4
Partido Gañado na 2ª Liguilla -------------------------> 5
Partido Perdido na 2ª Liguilla -------------------------> 3
Clasificarse Liguilla como 2º ---------------------------> 10
Semifinalista da GC ------------------------------------> 25
Subcampión da GC ------------------------------------> 35
Campión da GC -----------------------------------------> 50

Message deleted
From: feedback

To: Noel
This Post:
00
173248.10 in reply to 173248.9
Date: 2/1/2011 6:05:40 PM
Overall Posts Rated:
33
vou. sorte a tod@s

This Post:
00
173248.11 in reply to 173248.10
Date: 2/1/2011 7:05:53 PM
Overall Posts Rated:
22
Anotame pra esta edicion, que vai tocando (ainda que esta moi dificil).