BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galego no BB

[GAL] Galego no BB

Set priority
Show messages by
From: Southo
This Post:
00
20020.1
Date: 3/21/2008 11:54:45 AM
Overall Posts Rated:
11
Boas!

Abro este fío coa finalidade de que escribades os erros que atopades na traducción galega do BuzzerBeater (hai uns cantos) e tamén para que podades propoñer unha mellor verba/expresión para algún apartado que do xeito que se atopa redactado actualmente non se atope do todo claro.

E xa que estamos, estaría ben que postearades aquí algunha proposta (se ten un toque divertido mellor) para denominar ós equipos que se atopan sen dono (en castelán "Equipo controlado por el Ordenador") xa que puxemos ó primeiro que se nos ocorreu.

Vémonos!

From: Diebro

This Post:
00
20020.2 in reply to 20020.1
Date: 3/21/2008 12:01:29 PM
Overall Posts Rated:
00
Jeje, estaba esperando a que abriras este fio, supoño que e o mellor correxir erros, xa que no outro non viña a caso.

e tamén para que podades propoñer unha mellor verba/expresión

Exacto, porque as veces polo menos a min, resultabame bastante difícil buscarlle un sentido exacto a algunha frase, estos norteamericanos :P

Veña compañeiros, a soltar a vosa imaxinación, xD!

!!Souto Crack!!. :)

From: Alexenko

This Post:
00
20020.3 in reply to 20020.2
Date: 3/21/2008 3:13:06 PM
Overall Posts Rated:
892892
Que rápido atendechedes a miña suxestión de "respostar".

O outro día non puiden ver o encontro enteiro, pero no pouco que vin había un evento de tiro libre que resultaba algo estrano. Era algo así como "XXX consigue ir ao tiro libre". A verdade é que non o recordo ben, pero si que me chocou un pouco, sobre todo cando me fixeron unha falta nunha tripla e apareceu o comentario no terceiro tiro libre.

From: Diebro

This Post:
00
20020.4 in reply to 20020.3
Date: 3/21/2008 5:59:44 PM
Overall Posts Rated:
00
Sí, xa me pasaran ese erro, e apureime en correxilo, tamén había outro erro noutro comentario. E tamén está correxido.

E por suposto que cambiamos a palabra contestar, para ahora poñer repostar, sempre será como máis vos guste. :))

From: Alexenko

This Post:
00
20020.5 in reply to 20020.4
Date: 3/21/2008 10:49:35 PM
Overall Posts Rated:
892892
Quero que en vez de respostar poña souto dimisión!

From: Southo

This Post:
00
20020.6 in reply to 20020.5
Date: 3/21/2008 10:59:33 PM
Overall Posts Rated:
11
Langrán! Acabo de chegar e atópome con esta inesperada dedicatoria... :')

From: Alexenko

This Post:
00
20020.7 in reply to 20020.6
Date: 3/21/2008 11:33:57 PM
Overall Posts Rated:
892892
Coma se fósen poucas as que te deixo...

Por certo, pasádelle aos BB's esta bandeirola da miña parte e dicídelles que como volte a ver eso que puxeron ao lado da Galiza no inicio deixo o xogo...

(http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c0/...)

From: kelepol

This Post:
00
20020.8 in reply to 20020.7
Date: 3/22/2008 12:43:54 PM
Overall Posts Rated:
11
Boas acabo de chegar de vacacions de semana santa e atopeime con este inesperado regalo, ter o BB en galego, por agora so levo 10 minutos con el en galego e esta bastante ben traducido, o problema como cdo se traduciu o HT, as habilidades dos xogadores........pero co tempo iranse collendo. Non m convence de todo a traducion de penetracion por conduccion pero bueno igual o erro esta na traducion do ingles ao español, xa k eu penso k a conduccion vai parella ao manexo, sendo a penetracion unha cualidade distinta. Por ultimo os pasable penso k deberian ser pasabel pero bueno pouco a pouco seguro k o imos mellorando...........hoxe as 7 partido asi k a ver k tal o reporte do partido.

Por certo caralludo o de CICLON OFENSIVO, jajajja eskarallo.............


From: kelepol
This Post:
00
20020.9 in reply to 20020.1
Date: 3/22/2008 2:36:24 PM
Overall Posts Rated:
11
Boas! Estou a ver o partido en directo e esta moi ben traducido. Por decir algo, un faio, cando un xogador fai falta sae a frase "XXX provoca unha falta" para min provocar e sakarlle unha falta de atake o xogador rival non cando a cometes ti mesmo, eu cambiariao por comete, fai.......... e logo unha apreciacion persoal o da pelota esta dentro non chama moito, eu ke sei "canasta" ou "canaston" cando sexa unha tripla ou un mate.

O resto perfecto.........o de k se suspende no aire como matrix e moito jajajjaja

This Post:
00
20020.10 in reply to 20020.9
Date: 3/22/2008 7:01:04 PM
Overall Posts Rated:
892892
Canastra en todo caso...

Por certo, acéptanse suxestións para a escala de habilidade?

This Post:
00
20020.11 in reply to 20020.8
Date: 3/22/2008 7:03:49 PM
Overall Posts Rated:
892892
E xa que mencionas o tema da "penetración", dicir que a min "conducción" tampouco che me gusta nadiña e en todo caso sería "condución". En principio penetración parece máis claro...