Formato do TorneoNova tempada, novo formato, como manda a tradición...
Desta volta quixemos que todos puidesémos participar e por iso escachamos a cachola (eu mesmo tiven que por paz entre as miñas dúas únicas neuronas para que traballasen conxuntamente) buscando o formato máis amplo posíbel. Desta volta, a duración total da Galiza Cup será de 8 semanas, no canto das 6 semanas da primeira edición. Con isto conseguimos ampliar o formato a 24 equipos, no canto dos 16 da pasada tempada.
Pero antes de nada quería presentarvos un novo concepto:
Os 8 enchufaosPara facer que ningún equipo quedase fóra da Galiza Cup por mor de seguir na Copa de España, creamos o concepto dos 8 enchufados. Estes 8 enchufados pasarán directamente á segunda fase do Torneo, e así terán unha marxe de 3 semanas máis para caer da Copa.
Os 8 enchufados serán escollidos da seguinte maneira:
1.- Os equipos que sigan na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.
2.- Os equipos que non estén na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.
Desta volta eliminamos a rolda previa, polo que, salvo trocos de última hora, o número de participantes é definitivo.
Desta maneira, a Galiza Cup levaríase a cabo en tres etapas.
1ª LiguillaEsta non ten moito secreto. Serán catro grupos de catro equipos, idéntica á da primeira edición. Pasarán para a seguinte rolda os dous primeiros clasificados.
Compre dicir que, en caso de empate entre dous equipos, mirarase o basketaverge particular, e en caso de empate entre tres ou catro, o xeral. Avisados quedades...
O sorteo realizarase tomando "cabezas de serie", polas xa antes mencionadas GCStats. Por se alguén ten a dúbida, resérvome o dereito Urdazi (manipular e terxiversar ao meu antollo todo canto me pete e máis).
2ª LiguillaPracticamente idéntica á primeira, e é aquí cando se "acoplan" os 8 enchufados. Catro grupos de catro equipos. En cada grupo haberá un campeón de grupo da primeira liguilla, un subcampeón de grupo da primeira liguilla (que non xogase no mesmo grupo co campeón), e dous enchufados, todo por riguroso sorteo ao que só asistirei eu e a miña cadela se ten sorte...
En caso de que algúns dos 8 enchufados seguise disputando a Copa de España, o seu lugar sería ocupado polos mellores terceiros clasificados da primeira liguilla, atendendo aos partidos gañados en primeiro lugar, e ao basketaverage despóis. Como sei ben de que estades feitos, por se dous ou máis equipos obtivesen exactamente os mesmos números, faríase un sorteo e que o azar decida quen pasa (de novo resérvome o dereito Urdazi).
Nesta 2ª Liguilla, só se clasificará o campeón, polo que o boleto para a fase final estará o dobre de caro.
Final FourOs que saibades algo de matemáticas, xa vos decataríades de que se temos catro grupos e só pasa o campión, só pasan catro equipos. Os que saibades inglés e non matemáticas, vos decataríades un chisco máis tarde de que só quedan catro equipos. Os que non se decatasen a estas alturas non merecen chegar á final e quedarán inmediatamente eliminados polo dereito Urdazi (noutros lares coñecido como "Artigo 33").
Deixémonos de lerias e poñámonos serios. Duas semifináis entre os catro campeóns dos grupos da segunda liguiña, unha vez máis decididos os emparellamentos por sorteo. Só un encontro e os dous gañadores pasarán á ansiada final.
Os dous semifinalistas que perderan, se queren poden xogar o encontro do "Tercer e Cuarto Posto".