BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup III

[GAL] Galiza Cup III (thread closed)

Set priority
Show messages by
This Post:
00
45869.1
Date: 8/19/2008 11:46:23 PM
Overall Posts Rated:
892892
GALIZA CUP III

Unha tempada máis, volta a máis enxebre das Copas de todo o BB. A nosa raíña, a Galiza Cup, volta por terceira vez para por a proba a lealdade dos seus súbditos.

Unha vez máis, contarei ca inestimábel colaboración de Litur, para que faga o traballo sucio e eu reciba as loanzas... Digo... Que contarei ca súa colaboración para organizar esta terceira edición.

E por certo, na conferencia Axuda Galego, hai aberta unha taberna, O Fogar de Breogán (42300.1), onde estades convidados todos a tomar algo e compartir lume e anécdotas. Os participantes da Galiza Cup teñen todo gratis!

Participantes

Non nos imos por estrictos agora, non? Coma sempre, para participar o único que fai falla é apuntarse. Compre dicir que a lingua oficial da organización do torneo será o galego, polo tanto é recomendábel ter un bo coñecemento do galego, para non ter problemas. Obviamente non faremos discriminacións, e se alguén precisa axuda, sempre poderá pedir que lle pasemos a información en castelán por privado.

Inscripcións

Para anotarse nesta segunda edición da Galiza Cup, o único que tes que facer é dicilo neste fío. Eliminamos a opción da inscripción por BB-mail, xa que da máis choio a hora de organizar aos participantes, porque hai que andar mirando as datas e hora de chegada da mensaxe para telo ordeado. Polo tanto, a única forma de inscribirse e dicíndoo neste fío, calquera outra forma non terá validez.

Prazo de Inscripción

O prazo de inscripción comeza xa mesmo e remata o sábado 6 de setembro, así que tendes algo máis de dúas semanas para anotarvos... O último paga as cañas!

This Post:
00
45869.2 in reply to 45869.1
Date: 8/19/2008 11:47:30 PM
Overall Posts Rated:
892892
Formato do Torneo

Nova tempada, novo formato, como manda a tradición...

Desta volta tocou facer outro pequeno reaxuste para que todos poidamos participar. A duración total da Galiza Cup voltará a ser de 8 semanas. A diferenza estará en que ampliaremos o número de grupos na primeira fase tanto como se poida para que todos os participantes poidan entrar, ou polo menos tantos como sexa posíbel.

Tamén permitídeme recordarvos que temos os 8 enchufados

Para facer que ningún equipo quedase fóra da Galiza Cup por mor de seguir na Copa de España, creamos o concepto dos 8 enchufados. Estes 8 enchufados pasarán directamente á segunda fase do Torneo, e así terán unha marxe de 3 semanas máis para caer da Copa.
Os 8 enchufados serán escollidos da seguinte maneira:

1.- Os equipos que sigan na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.
2.- Os equipos que non estén na Copa, ordeados polas GCStats de maior a menor.

Desta maneira, a Galiza Cup levaríase a cabo en tres etapas.

1ª Liguilla

Aquí entra a modificación desta edición. No canto dos catro grupos de antes, ampliaremos o número de grupos a tantos como sexa posíbel, ata un máximo de 8. Iso si, é condición indispensábel que os grupos estean completos, non poderiamos facer ningún grupo de 3 ou 2.

Destos grupos pasarán en total 8 equipos. Dependendo do número de grupos, poden pasar máis ou menos equipos. Se hai catro grupos, pasarían o primeiro e o segundo de cada grupo. En caso de que houbese máis de catro grupos, pasarán os primeiros de grupo, e os mellores segundos ata completar o número de prazas, é dicir, ata que sexan 8 equipos.

Compre dicir que, en caso de empate entre dous equipos, mirarase o basketaverge particular, e en caso de empate entre tres ou catro, o xeral. Avisados quedades.

O sorteo realizarase tomando "cabezas de serie", polas xa antes mencionadas GCStats. Por se alguén ten a dúbida, resérvome o dereito Urdazi (manipular e terxiversar ao meu antollo todo canto me pete e máis).

2ª Liguilla

Practicamente idéntica á primeira, e é aquí cando se "acoplan" os 8 enchufados. Catro grupos de catro equipos. En cada grupo haberá un campeón de grupo da primeira liguilla, un subcampeón de grupo da primeira liguilla (que non xogase no mesmo grupo co campeón), e dous enchufados, todo por riguroso sorteo ao que só asistirei eu e a miña cadela se ten sorte.

En caso de que algúns dos 8 enchufados seguise disputando a Copa de España, o seu lugar sería ocupado polos seguintes mellores clasificados da primeira liguilla, atendendo aos partidos gañados en primeiro lugar, e ao basketaverage despóis. Como sei ben de que estades feitos, por se dous ou máis equipos obtivesen exactamente os mesmos números, faríase un sorteo e que o azar decida quen pasa (de novo resérvome o dereito Urdazi).

Nesta 2ª Liguilla, só se clasificará o campeón, polo que o boleto para a fase final estará o dobre de caro.

Final Four

Os que saibades algo de matemáticas, xa vos decataríades de que se temos catro grupos e só pasa o campión, só pasan catro equipos. Os que saibades inglés e non matemáticas, vos decataríades un chisco máis tarde de que só quedan catro equipos. Os que non se decatasen a estas alturas non merecen chegar á final e quedarán inmediatamente eliminados polo dereito Urdazi (noutros lares coñecido como "Artigo 33").

Deixémonos de lerias e poñámonos serios. Duas semifináis entre os catro campeóns dos grupos da segunda liguiña, unha vez máis decididos os emparellamentos por sorteo. Só un encontro e os dous gañadores pasarán á ansiada final.

Os dous semifinalistas que perderan, se queren poden xogar o encontro do "Terceiro e Cuarto Posto".

This Post:
00
45869.3 in reply to 45869.2
Date: 8/19/2008 11:48:36 PM
Overall Posts Rated:
892892
Final

Debido á ampliación do formato, a final ten que disputarse durante os PlayOff oficiais, polo que a data pode oscilar. Isto quere dicir que os dous finalistas terían que acordar unha data para xogar a final, xa que se un queda de 5º e outro xógase os descenso, non sería un encontro xusto. De todalas maneiras, como último recurso, a final sempre se podería xogar no derradeiro amigábel da tempada, cando os PlayOff xa rematasen.

Por outra banda, se os dous finalistas queren poderíase xogar ao mellor de tres encontros. Terase que falar no momento e ver o que máis lle convén aos dous equipos implicados.

Calendario

Mércores 20 de Agosto --> Apertura da Inscripción
Sábado 6 de setembro --> Peche da Inscripción
Venres 12 de setembro --> Sorteo da 1ª Liguilla
Xoves 18 de setembro --> Primeiro encontro da 1ª Liguilla
Xoves 25 de setembro --> Segundo encontro da 1ª Liguilla
Xoves 2 de outubro --> Derradeiro encontro da 1ª Liguilla
Verner 3 de outubro --> Sorteo da 2ª Liguilla
Xoves 9 de outubro --> Primeiro encontro da 2ª Liguilla
Xoves 16 de outubro --> Segundo encontro da 2ª Liguilla
Xoves 23 de outubro --> Derradeiro encontro da 2ª Liguilla
Venres 24 de outubro --> Sorteo da Final Four
Xoves 30 de outubro --> Semifináis

Como xa mencionei anteriormente, a final pode variar así que non a engado no calendario.

Encontros

Os encontros, como xa saberedes, xogaránse os xoves, nos amigábeis. O equipo que figure como local será o encargado de retar, e o visitante deberá estar atento para aceptar o reto. O luns a mediodía a máis tardar, o reto terá que estar feito polo equipo local, e o martes ao mediodía deberá estar aceptado polo visitante. Se se incumplen as datas, se o equipo que está a agardar o solicita, o encontro lle será dado por gañado por 25 - 0 e poderá buscarse outro amigábel para non perder o adestramento. Tamén é posíbel que o que figura como visitante faga o reto, pero neste caso terá que facelo para xogar fóra da casa, no pavillón do equipo que figura como local.

Premio

E chegamos á parte suculenta da Galiza Cup... Ai non, aquí non hai diso!!!

O maior premio que vos podemos ofrecer e pasar un bo anaco connosco, non ter que andar moi preocupado por ter que buscar un amigábel e o dereito a fachendear (fardar ou flipar dependendo do lar) un bo anaco se te alzas ca coroa. Polo de agora só Litur e Pepe Beltrán acadaron o seu oco na historia dos equipos galegos... Serás ti o seguinte???

Benvidos a esta terceira Galiza Cup. Sentídevos coma na casa e pasade un bo anaco con nos. Se alguén ten algunha dúbida, suxestión ou queixa, pode dicilo neste mesmo fío ou, se o prefire, por BB-mail a min.

Unha aperta a todos e grazas pola vosa participación.

This Post:
00
45869.4 in reply to 45869.3
Date: 8/19/2008 11:51:01 PM
Overall Posts Rated:
892892
Historia da Galiza Cup

Se ben é certo que a andaina da Galiza Cup non é moi longa, non está de máis comezar xa a acumular os datos das edicións, e así teremos un fermoso recordo das primeiras edicións.

Primeira edición

Xa case con nostalxia podemos ollar o primeiro fío da Galiza Cup (13967.1). Mensaxe que por certo comeza cunha petición de desculpas porque daquela non se podía falar galego nos foros... Que cabreo collera...

Unha primeira edición que foi montada un pouco sobre a marcha, pero que ao final saíu bastante ben, a única pega que tivo é que quedou bastante xente fora... Unha mágoa. Afortunadamente agora xa comezamos co formato definido, e temos a experiencia destas edicións na organización, que nos axuda a evitar erros.

Campión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Final --> (3997474)


Segunda edición

Esta segunda edición xa foi bastante máis doada dende a organización, primeiro pola experiencia adquirida na primeira edición, e segundo pola colaboración na organización que prestou Litur. Se ve que lle colleu apego á Galiza Cup que non se puido librar dela. Tamén temos no arquivo o enlace ao fío, (31544.1)

Edición que ampliou un chisco máis o formato, pero inda así insuficiente. Foi outro erro máis para o saco da experiencia. Tamén foi a edición na que se implantou o método dos enchufados.

Campión --> Pepe Beltrán - Jericho B.C. – (75692)
Subcampión --> Kelepol – Celtics de Coia – (76267)
Final --> (6230309)

I Cunca dos Labregos

En paralelo a segunda edición da Galiza Cup, naceu esta outra competición coa idea inicial de dar cabida a aqueles equipos que non tiveron sitio na GC. Nesta primiera participación formáronse dous grupos de catro equipos que loitaron por convertirse nos primeiros en levarse o trofeo.

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> cruiss - C.B. Skalda - (42876)
Final --> (6054980)

Last edited by Alexenko at 9/13/2008 11:24:36 AM

This Post:
00
45869.5 in reply to 45869.4
Date: 8/19/2008 11:56:13 PM
Overall Posts Rated:
892892
Clasificación Histórica por Galiza Cup Stats

____________________________________________________ _
_Nome_____________Equipo______________________Total_
_Litur_____________ _Chorima Basket_________________130__
_LA-Souto__________Galiza Celtics___________________129__
_Shanty____________C.B. Sotonera__________________117__
_Pepe Beltrán______ _Jericho B.C___________________ _115__
_kelepol__________ _Celtics de Coia__________________107__
_Alexenko__________Universidad de Cambre___________102__
_GZ-xexu_________ _Maure Team__________________ _95___
_OReiDasCanastas___Labazadas in Your Face S.A._______90___
_Oyagun___________Ktulu________________________ _68__
_DunklerGeier_____ __Ourense Bulls_________________ _65___
_Afarensis__________Ferrol Destroyers______________ _65___
_DevillX____________Raxo City_____________________58___
_albarello-lnc_______Touland Trail Blazers______________54___
_LA-Diebro________ _Lavacolla B.C___________________52__
_miki_zar_________ _Chacaritas Team_______________ _52__
_Ivanff_____________Forza Breo___________________ _51__
_Carracillo____________Carracillo_____________________34__
_Mjorgan___________Garfunkel______________________32__
_Xosesinho_________Tropa do Carallo_________________32__
_Hamlet29________ _Gallegos Medievais_____________ _32__
_Sozap86_________ _Bergondo Sperm Whales_________31__
_Giovanella_________Irmandades da fala NG_________ _31__
_Alex Lamela_______C.B. Todoporelaro______________ _27__
_david campos____ _Breogan____________________ ___26__
_Cazador___________St. Gallen Club_________________ _18__
_realinho___________Rio Sor C.S._____________________15__
_kikeiglesias______ _¡¡ Viva el Rey !!__________________ _5_ _
_jaime69___________Xanita Basket____________________5_ _
_pepiño____________Corrichos_______________________5_ _
_garrido____________Orense Heat____________________5_ _
_chamallex_________Castreloswolf Changas_____________5_ _
_dieginho_7________C.B. Vila de Meira_________________5_ _
_cruiss_____________C.B. Skalda_____________________5_ _
_candaira_________ _L.A. Chaikers___________________ _5_ _
_breogan___________LeiteRíoBreogan________________ _5_ _
_deivy_57__________Leite Ron Breogan______________ _5_ _
_toninho__________ _Celta Vigo Urban_________________5_ _
_jako0b0___________Liberation_____________________ _5_ _



Last edited by Alexenko at 9/5/2008 12:03:11 PM

This Post:
00
45869.6 in reply to 45869.5
Date: 8/19/2008 11:57:35 PM
Overall Posts Rated:
892892
Galiza Cup Stats

Inscribirse -----------------------------> 5
Participación --------------------------> 15
Non Retar -------------------------------> -10
Non Aceptar o Reto -------------------> -10
Partido Gañado na 1ª Liguilla --------> 3
Partido Perdido na 1ª Liguilla --------> 2
Clasificarse Liguilla como 1º --------> 6
Clasificarse Liguilla como 2º ---------> 4
Partido Gañado na 2ª Liguilla --------> 5
Partido Perdido na 2ª Liguilla ---------> 3
Clasificarse Liguilla como 2º ---------> 10
Semifinalista da GC -----------------> 25
Subcampión da GC ----------------> 35
Campión da GC --------------------> 50

Last edited by Alexenko at 9/13/2008 11:25:31 AM

This Post:
00
45869.7 in reply to 45869.6
Date: 8/20/2008 12:00:03 AM
Overall Posts Rated:
892892
Inscripción

Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Litur – Chorima Basket – (75749)

*Non hai que copiar e pegar a lista, basta con que vos poñades vos sós.

This Post:
00
45869.8 in reply to 45869.7
Date: 8/20/2008 4:43:09 AM
Overall Posts Rated:
00
Pepe Beltrán - Jericho B.C. – (75692)

This Post:
00
45869.9 in reply to 45869.8
Date: 8/20/2008 4:46:26 AM
Overall Posts Rated:
22
Tamén me anoto. A ver se desta non teño problemas de datas.

DunklerGeier - Ourense Bulls [team=76363 ]

This Post:
00
45869.10 in reply to 45869.9
Date: 8/20/2008 6:36:43 AM
Overall Posts Rated:
15931593
a ver se esta tempada podo xogala

matxone - Juanito Caminante(76841)

This Post:
00
45869.11 in reply to 45869.7
Date: 8/20/2008 8:02:28 AM
Overall Posts Rated:
88
Raxo City- DevilIX