BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > [FAQ] Preguntas Comúns

[FAQ] Preguntas Comúns (thread closed)

Set priority
Show messages by
From: Foto
This Post:
00
81779.10 in reply to 81779.9
Date: 3/18/2009 6:54:57 PM
Totwart
ACBB
Overall Posts Rated:
31483148
Second Team:
Furabolos
DRAFT

¿Como funciona o draft?
Ao final da tempada aparecen 48 novos xogadores. Cada equipo elixirá 3. A orde depende da posición ao final da liga regular. O equipo con menos vitorias elixe primeiro e o que consiga máis, escolle último.

¿Para que serven os scouts? Levo pagando varias semanas e non me dan ningunha información.
A información dos scouts só poderás vela ao final da tempada. O que invistas cada semana influirá na cantidade e a calidade da información que recibas.

¿Cando saen exactamente os xogadores para ordealos?
Poderás velos despois do último partido da tempada regular

Os xogadores xa saíron. ¿Que teño que facer agora?
Unha vez están dispoñibles os xogadores, debes ordenalos segundo as túas preferencias e a información que che deran os scouts. Tes de tempo ate que acaben os playoffs. Podes cambiala as veces que queiras

Non entendo a información que me dan. ¿Que significan as letras e os balóns?
Os datos que podes ver divídense en tres categorías. As letras refírense á calidade actual do xogador. Un xogador coa letra A será mellor que un coa letra B, os peores son os da letra F. Os balóns refírense ao potencial do xogador, sendo 1 un potencial moi baixo e 5 un moi alto. Tede en conta que un xogador pode ser moi bo pero ter un potencial moi baixo ou ser moi malo e ter un potencial moi alto. Ás veces este tipo de xogadores poden levar a engano.
Nalgúns casos tamén poderás ver a actuación do xogador nun partido. Iso pódeche dar pistas sobre qué habilidades ten máis altas.

¿Cando chegarán os xogadores que elixín ao meu equipo?
O luns ou o martes seguinte ao final dos playoffs

From: Foto
This Post:
00
81779.11 in reply to 81779.10
Date: 3/18/2009 6:55:59 PM
Totwart
ACBB
Overall Posts Rated:
31483148
Second Team:
Furabolos
CALENDARIO TEMPADA 8

Durante a tempada regular xogaranse dous partidos de liga á semana, un os sábados e outro os martes. Os xoves quedan para a copa e partidos amigábeis que se deberán concertar manualmente unha vez eliminados. As datas especiais e o calendario dos playoffs son as seguintes:

14 de Abril Martes
Partido extra de copa*

15 de Abril Mércores
Día do allstar. Partido e concurso de triplas

18 de Maio Luns
Sae a información dos xogadores do draft para ordenar as listas segundo os datos que dean os scouts.

19 de Maio Martes
Semifinal de Conferencia (a un partido)
Primeiro partido playoff de descenso.
Equipos que remataran en 5º posto sen partido

21 de Maio Xoves
Amigable normal para todos.
Final de Copa

23 de Maio Sábado
Final de Conferencia (a un partido)
Segundo partido playoff de descenso
Eliminados e 5º s terán un amigable concertado automaticamente

26 de Maio Martes
Primeiro partido final de playoffs
Terceiro partido playofff de descenso (se é necesario)
Eliminados e 5º s sen partido

28 de Maio Xoves
Amigable normal para todos

30 de Maio Sábado
Segundo partido final de playoffs
Resto de equipos amigable concertado automaticamente

31 de Maio Domingo
Terceiro partido final de playoffs (se é necesario)

1 de Xuño Luns
Reseteo de forma a pasable e de entusiasmo a 5. Aniversario dos xogadores e actualización de soldos**
Chegada dos xogadores do draft aos equipos**

4 de Xuño Xoves
Amigable normal

5 de Xuño Venres
Último adestramento da tempada. A forma de todos os xogadores quedará en pasable.

6 de Xuño Sábado
Primeiro partido da tempada 9


*Esta semana non hai partido de liga o martes. Os equipos que gañen a eliminatoria de copa terán outra o xoves, os eliminados poderán concertar un amigable normal para ese día.

**Esta data pode variar un ou dous días, dependendo do rápido que se fagan as actualizacións

From: Foto
This Post:
00
81779.12 in reply to 81779.11
Date: 3/18/2009 6:57:18 PM
Totwart
ACBB
Overall Posts Rated:
31483148
Second Team:
Furabolos
OPCIÓNS DE SUPPORTER

¿Os partidos de liga privada contan para o adestramento?
Non, só serven para probar cousas novas ou simplemente polo gusto de competir contra outros equipos e ter un partido máis á semana.

¿Pódense lesionar xogadores nos partidos de liga privada?
Pódense lesionar durante o partido, pero unha vez remate non estarán lesionados.

Un xogador lesionado, ¿pode participar nos partidos de liga privada?
Non se está lesionado antes do partido, non poderá xogar.

Se ascendo un xogador ao Salón da Fama, ¿pode seguir xogando?
Si, os xogadores ascendidos poden seguir en activo e xogar sen problema.


Last edited by Foto at 3/19/2009 4:18:26 PM