sigo dicindo k se pode crear una 1 e 2 division. O torneo satelite da a posibilidade de subir a uns cantos 4 por exemplo e se os de 1 ao ano seguinte non se apuntan vaise enchendo o cadro con peña de 2. Asi 2 ten moita mais vidilla e os k kedamos eliminados no 1 grupo en 1, a xogar polo descenso.............Por certo sobre k data entramos os "enchufaos"?
Pero isto non é unha liga, é unha copa.
O torneo satélite ímolo facer esta tempada, pero non é nada definitivo nin moito menos. O problema do BB é que o calendario é moi cortiño. E isto perxudícanos á hora de facer o formato, e, no sobor de todo, á hora de decidir cantos equipos poden entrar.
Poderiamos ampliar moito o torneo e deixar que entrasen moitos equipos, pero para iso teriamos que, ou ben comezar antes, e coido que comezamos ben prontiño, ou ben rematar máis tarde, e iso implica meterse nos PlayOff oficiáis.
O de meterse nos PlayOff oficiáis non o consideramos, xa que sería unha inxustiza total que un equipo tivese frescos a todos os seus xogadores porque quedou quinto na súa liga, e o seu rival tivese que apañarse co que queda no banco porque está en plena loita por evitar o descenso.
Para a vindeira tempada miraremos se podemos ampliar máis o formato ou non. Obviamente as restriccións seguirán aí, e todo será darlle voltas a ver que se pode facer. Unha das cousas que tentamos facer é que tódolos equipos que participen disputen alomenos tres encontros, e de aí o formato da liguiña.
Sobre a túa pregunta, tes o calendario do torneo nas primeiras mensaxes. A primeira liguiña dura 3 semanas, polo que os enchufados entramos dentro de catro semanas.
Saúde!