BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > LA Galego

LA Galego

Set priority
Show messages by
This Post:
00
88747.14 in reply to 88747.13
Date: 5/8/2009 9:02:21 PM
Overall Posts Rated:
892892
Home, graíño a graíño, con pouco que poñamos todos xa me librades dunha boa carga.

This Post:
00
88747.15 in reply to 88747.14
Date: 5/16/2009 12:20:01 AM
Overall Posts Rated:
892892
Boas!

Fixen algúns trocos na páxina dos resultados dos encontros. A ver que vos parecen ;).

This Post:
00
88747.16 in reply to 88747.4
Date: 6/1/2009 3:40:34 AM
Overall Posts Rated:
33
Ola!! Agora que están a rematar os exames e que (isto ante todo) vou ter menos chollo porque acaba o traballo coa selección, gustaríame poder axudar ás traduccións ó galego do xogo a Alexenko, que por outra parte, tamén está a facer un bo traballo (parece incrible XDXD)

se se necesita a miña axuda, non dubidedes en avisarme polo foro ou por un privado. o meu nivel de galego é bo e deféndome bastante ben en inglés.

saúdos!! ^^

This Post:
00
88747.17 in reply to 88747.16
Date: 6/1/2009 11:13:12 AM
Overall Posts Rated:
892892
Grazas polo ofrecemento. Terémolo en conta.

Sobre a tradución, máis ou menos vou levando a cousa como agardaba. Cando entrei había 400 arquivos pendentes, e agora mesmo quedan 142, o que ocorre é que moitas das cousas que traduzo non se ven (por exemplo e-mails para equipos novos e cousas polo estilo), e tamén dedico moito tempo a revisar as traducións que xa estaban feitas.

This Post:
00
88747.18 in reply to 88747.17
Date: 6/3/2009 2:32:55 PM
Overall Posts Rated:
892892
Aviso

Deixo a primeira nova desta tempada en castelán (Copy & Paste) que non teño tempo para conectarme (para a semana teño exame, e dependo moito dos ordenadores da facultade para conectarme).

A ver se mañá a podo ter lista en galego, que esta semana non lle puiden dedicar tempo ningún á tradución.

This Post:
00
88747.19 in reply to 88747.18
Date: 6/9/2009 7:52:34 AM
Overall Posts Rated:
892892
Teño que deixar outra vez a nova en castelán, que teño exame o xoves e non teño tempo ningún. Síntoo.

This Post:
00
88747.20 in reply to 88747.19
Date: 6/9/2009 9:19:17 AM
Overall Posts Rated:
33
seguro que non queres que che bote unha man nas traduccións??

This Post:
00
88747.21 in reply to 88747.20
Date: 9/14/2009 7:14:47 PM
Overall Posts Rated:
892892
Tomeime a liberdade de trocar os nomes das especialidades do relacións públicas:

Agora o que mellora o rendemente do equipo na casa chámase "Animación no Pavillón", e o que diminúe a vantaxe do rival cando xoga de local chámase "Organizador de Viaxes". Os nomes anteriores parecíanme moi confusos.

Saúdos!

This Post:
00
88747.22 in reply to 88747.21
Date: 9/15/2009 4:00:49 PM
Overall Posts Rated:
22
A verdade e que os nomes antigos eran confusos, co que se agradece o cambio.

This Post:
00
88747.23 in reply to 88747.22
Date: 9/28/2009 7:41:11 PM
Overall Posts Rated:
892892
Por certo, agradecería que me puxerades aquí todos os erros que atopedes, ou tamén suxestións do que creades que se pode mellorar (e entrambas haberá centos de cousas xD).

Así fáiseme moito máis sinxelo o traballo de ir corrixindo os erros que quedan.

Non é necesario que me pasedes nada do motor dos encontros, que teño que lle dar un bo repaso para eliminar todos os erros que hai.

This Post:
00
88747.24 in reply to 88747.23
Date: 10/7/2009 8:13:02 AM
Overall Posts Rated:
892892
Quedan en castelán as dúas últimas novas até o fin de semana... Témome que esta semana non teño tempo para nada (comeza o curso)... Desculpade as molestias.

Advertisement