A Bodega
"Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espíritos das nevadas veigas.
Corvos, píntegas e meigas:
feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte;
fociño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
verno de Satán e Belcebú,
lume dos cadaveres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernais cus,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
on este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
acabalo das súas escobas,
índose bañar na praia
das areas gordas.
¡oíde, oíde! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
orzas do ar, terra, mar e lume,
a vos fago esta chamada:
si é verdade que tendes mais poder
que a humana xente,
eigui e agora, facede cos espíritos
dos amigos que están fora,
participen con nos desta Queimada"
"Tradición Galega"
Bueno, como ben podedes imaxinar, é aquí onde gardamos as bebidas que servimos no Fogar de Breogán. Coma antes, prégovos que me axudedes a completar unha lista decente cos produtos da terra.
Viños
- Barrantes
- Condado
- Monterrei
- Rías Baixas
- Ribeira Sacra
- Ribeiro
- Valdeorras
- Viño da Casa
Licores e augardentes
- Augardente
- Augardente de Herbas
- Augardente Tostada
- Crema de Oruxo
- Queimada
- Licor Café
- Licor de Cantarelas
- Licor de Guindas
- Licor de Herbas
- Licor de Mel
- Licor de Pera
- Licor de Oruxo
- Licor de Toxo
Outras bebidas
- Auga Fresca do Manancial
- Cervexa Estrella
- Clara
- Clara de Limón
- Leite
- Zumes
Last edited by Alexenko at 8/11/2009 7:27:48 PM