BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > O Fogar de Breogán

O Fogar de Breogán

Set priority
Show messages by
This Post:
00
42300.3 in reply to 42300.2
Date: 8/11/2008 9:34:28 PM
Overall Posts Rated:
892892
A Bodega

"Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espíritos das nevadas veigas.
Corvos, píntegas e meigas:
feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte;
fociño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
verno de Satán e Belcebú,
lume dos cadaveres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernais cus,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
on este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
acabalo das súas escobas,
índose bañar na praia
das areas gordas.
¡oíde, oíde! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
orzas do ar, terra, mar e lume,
a vos fago esta chamada:
si é verdade que tendes mais poder
que a humana xente,
eigui e agora, facede cos espíritos
dos amigos que están fora,
participen con nos desta Queimada
"

"Tradición Galega"

Bueno, como ben podedes imaxinar, é aquí onde gardamos as bebidas que servimos no Fogar de Breogán. Coma antes, prégovos que me axudedes a completar unha lista decente cos produtos da terra.

Viños

- Barrantes
- Condado
- Monterrei
- Rías Baixas
- Ribeira Sacra
- Ribeiro
- Valdeorras
- Viño da Casa

Licores e augardentes

- Augardente
- Augardente de Herbas
- Augardente Tostada
- Crema de Oruxo
- Queimada
- Licor Café
- Licor de Cantarelas
- Licor de Guindas
- Licor de Herbas
- Licor de Mel
- Licor de Pera
- Licor de Oruxo
- Licor de Toxo

Outras bebidas

- Auga Fresca do Manancial
- Cervexa Estrella
- Clara
- Clara de Limón
- Leite
- Zumes

Last edited by Alexenko at 8/11/2009 7:27:48 PM

From: Onire

This Post:
00
42300.4 in reply to 42300.3
Date: 8/12/2008 11:37:47 AM
Corrichos
III.3
Overall Posts Rated:
7979
Espectacular!!!!

So boto en falta uns pementiños de Padrón mollados cun tinto de Barrantes ou cun blanco do Condado.

From: Alexenko

This Post:
00
42300.5 in reply to 42300.4
Date: 8/12/2008 5:33:11 PM
Overall Posts Rated:
892892
Grazas polo aporte!

Que tomas? Xa sabes que esta semana non se paga ;).

Last edited by Alexenko at 5/5/2011 11:45:22 AM

From: cdacf
This Post:
00
42300.6 in reply to 42300.5
Date: 8/12/2008 6:02:25 PM
Overall Posts Rated:
00
A min faltame un bo licor de toxo!

Sempre ao caron de calquera das empanadas que hai na terra...
zamburiñas, chourizo, maza, polvo...

Last edited by cdacf at 8/12/2008 6:04:30 PM

From: Alexenko

This Post:
00
42300.7 in reply to 42300.6
Date: 8/12/2008 6:17:46 PM
Overall Posts Rated:
892892
Pois veña, marchando un licor de toxo, e un bo anaco de empanada de zamburiñas!

Que tal no Draft?

From: litur

This Post:
00
42300.8 in reply to 42300.7
Date: 8/12/2008 9:08:07 PM
Overall Posts Rated:
486486
Xa que non tes viño de Mencía terei que afogar as miñas penas do draft con un grolo dun bo augardente de herbas. Pero antes sácame un par de estrelas e unha ración de polbo.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
From: cdacf
This Post:
00
42300.9 in reply to 42300.8
Date: 8/13/2008 7:18:37 AM
Overall Posts Rated:
00
No draft saquei dous bos xogadores e outro q vou vender por non poder entrenalo asi q o celebrarei cun bo carneiro ao espeto e pra beber un pouquiño de barrantes (non sei se xa o dxeron)

From: kelepol

This Post:
00
42300.10 in reply to 42300.9
Date: 8/16/2008 1:02:25 PM
Overall Posts Rated:
11
jajajaja estades coma cabras......jajajajaj. Para min unas navallas cun bo condado........jajajajja

This Post:
00
42300.11 in reply to 42300.10
Date: 8/16/2008 1:59:17 PM
Overall Posts Rated:
892892
Para estarmos como cabras ben que pides langrán...

Marchando... E sorte a todos no comezo da liga. Veña que namentres duren os encontros todo de valde.

855 115 30.

Last edited by Alexenko at 8/26/2008 1:01:32 AM

This Post:
00
42300.12 in reply to 42300.11
Date: 8/16/2008 5:30:39 PM
Overall Posts Rated:
892892
Bueno, como ninguén máis se anima, falo eu que para algo abrín o garito.

Hoxe vitoria máis que axustada xogando PIC fora da casa... Polos pelos pero vitoria.

O mellor viu despóis cando un Primeira brasileiro puxou polo meu base suplente. Agora teño os cartos que tanto necesitaba para facer unha reestructuración do plantel.

Veña que estades convidados todos!!!

This Post:
00
42300.13 in reply to 42300.12
Date: 8/16/2008 6:07:12 PM
Overall Posts Rated:
22
Noraboa.

Pola miña parte, primeira victoria moi sufrida en casa. Xoguei normal contra normal. Respecto as fichaxes, teño que acabar de encaixalas no plantel pra conseguir un rendemento óptimo.

Saúdos e sorte.

Advertisement