BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > O Fogar de Breogán

O Fogar de Breogán

Set priority
Show messages by
This Post:
00
42300.38 in reply to 42300.37
Date: 8/19/2008 6:03:21 PM
Overall Posts Rated:
22
Pois a ver se desta polo menos chegas aos playoffs pra o ascenso. Por certo, ao final teu base estrela ten opcións pra entrar na selección?

Eu teño que intentar meter a o meu pivot andorrano na U-21. Cando acaben as eleccións (creo que esta noite) terei que enviarlle unha mensaxe ao seleccionador/scout correspondente a ver que se pode facer.

This Post:
00
42300.39 in reply to 42300.38
Date: 8/19/2008 6:16:23 PM
Overall Posts Rated:
892892
O meu segue aí... Non creo que haxa moitos xogadores con máis defensa exterior ca el, está a piques de chegar a 18, e para a semana xa empezará a levar pases, que inda o ten en pasable.

De todolos xeitos, é posible que entre na sub21, posto que ten 21 anos. Eu non teño presa, e cada vez o vexo máis lonxe de entrar na selección. Pero bueno, como o meu adestramento vai polo camiño que eles queren, vai ben a cousa...

This Post:
00
42300.40 in reply to 42300.39
Date: 8/19/2008 6:18:11 PM
Overall Posts Rated:
22
Pois a ver se entra, cando menos na U-21.

Bueno, creo que son horas de desconectarme, que maña teño unha larga xornada de estudio por diante.

Abur.

This Post:
00
42300.41 in reply to 42300.40
Date: 8/19/2008 6:21:19 PM
Overall Posts Rated:
892892
Xa somos dous...

Boa noite!

This Post:
00
42300.42 in reply to 42300.41
Date: 8/20/2008 12:05:39 AM
Overall Posts Rated:
892892
Bueno, boas novas!

Xa está aberta a inscripción para a III edición da Galiza Cup. Non deixedes pasar a oportunidade de pasar un bo anaco nos amigábeis. O fío --> (45869.1).

Veña, unha rolda gratis no Fogar para celebrar a Galiza Cup!

This Post:
00
42300.43 in reply to 42300.42
Date: 8/20/2008 12:20:47 PM
Overall Posts Rated:
11
A ver se m botades unha man, e non o pescozo, cada dia entendo menos o BB. Se mirades o meu partido do martes veredes k perdin de 13 puntos, xogando ambolos dous ekipos en relaxado. Non e unha derrota inesperada xa que o ano pasado xa perdin contra eles. Pero desta vez supereino en todo menos en rebote, el 2 subniveis mais ca min. E que as calis non serven para nada? Non pode ser que superando a miña def. exterior a sua anotacion exterior e a miña anotacion interior sendo regular contra una def interior inepto, perda o partido........e incribel. Estou que ardo.....


This Post:
00
42300.44 in reply to 42300.43
Date: 8/20/2008 1:02:12 PM
Overall Posts Rated:
22
A verdade e que por calificacións deberías haber gañado o partido. O único que se me ocorre, que o lín por ahí, sexa por que as calificacións son calculadas en base aos xogadores que xogan alomenos 5 minutos.
Pode pasar que teñas un quinteto titular moi bo, pero que no tempo que estivo en campo non fose capaz de sacar moita vantaxe no partido, polo que os determinantes fosen os quintetos suplentes, podendo perder por iso.

Tamén se pode deber a que os teus xogadores teñan unha resistencia baixa, e que o seu rendemento caese ao final do partido...

Son hipoteses... pero non che sei dicir exactamente por que perdeches, o que en sí é unha putada.

This Post:
00
42300.45 in reply to 42300.43
Date: 8/20/2008 1:02:29 PM
Overall Posts Rated:
892892
Tampouco son un experto nin moito menos, pero coido que te gañou principalmente polos rebotes, os tiros libres, e o día inspirado que tivo o seu alero titular. Se cadra o par que lle puxeches non tiña suficiente defensa exterior como para paralo... Non sei.

Marchando un licor café para afogar penas!

This Post:
00
42300.46 in reply to 42300.45
Date: 8/21/2008 6:21:31 AM
Overall Posts Rated:
464464
Eu estreo o garito e como se fose o Fogar do Santiso ( que boas ceas kelepol) un licor de toxo para quentar motores.

Eu pola miña parte estou contento co meu comezo de tempada, xa que gañei o primeiro partido o que penso que é favorito para o ascenso na miña liga, e o segundo co recen baixada de cuarta de maneira cómoda. O meu problema falta de banco e que no draft non me saiu nada decente. Pero bueno, o primeiro obxetivo e intentar quedar de primeiro da conferencia.

Sorte a todos¡¡¡

Outro de toxo¡¡¡

This Post:
00
42300.47 in reply to 42300.46
Date: 8/21/2008 10:34:00 AM
Overall Posts Rated:
892892
Marchando a botella, ponte canto queiras...

Pois moita sorte na túa liga. E xa estamos pretiño do encontro de Copa.

Xa sei que eu dixera que non ía dar nada pola copa, pero coido que ao final vou tentar pasar a ronda, iso sí, sen quemar minutos dos titulares. O meu rival ten só 10 xogadores no seu plantel, e a maioría dos seus cracks esta semana xa van pasadísimos de minutos (68, 74, 62, 85, 84), polo que coido que non saltarán ao campo, ou só os de 60.

Tamén ten cartos en caixa, así que terei que estar atento por se merca algún reforzo de última hora... A ver se hai sorte e paso unha roldiña, e toca algún equipiño asequíbel...

Como tendes vos a cousa???

This Post:
00
42300.48 in reply to 42300.47
Date: 8/21/2008 12:00:07 PM
Overall Posts Rated:
22
Pois sorte entón. Como xa dixen o outro día, xogo contra un bot, así que en principio non debería ter moitos apuros.

Por certo, hoxe barra libre que invito eu, que conseguín que o meu pivot entrase na pre-selección sub-21 de Andorra :D


Advertisement