Xa temos o sorteo. Hai que dicir antes de nada que Alexenko está de ruta turística por terras británicas polo que o sorteo o fixemos entre un servidor e o tetracampión Miki_zar. De todos xeitos queremos destacar duas novidades:
a) A primeira o nome dos grupos. Queremos homenaxear a aqueles equipos que participaron nas X edicións anteriores da GC polo que os nomes dos grupos tanto na primeira fase, coma na segunda levarán, nesta edición, no nome deses equipos.
b) Por outra banda, dado que so se formaron 3 grupos nesta primera fase decidimos que pasen á segunda só os dous primeiros de cada grupo, polo quedarían 10 prazas para os "enchufados". No caso de que no momento de empezar a segunda fase os enchufados non poidan enchar ese número de prazas, acudiríamos aos mellores terceiros.
Perdoade polos trocos pero consideramos que é mais xusto, buscando a posibilidade de deixar o menor número posible de equipos fora da competición. De todos xeitos podedes opinar sobre o tema.
Grazas e sorte (a todos menos a Miki que xa leva trofeos abondo)
Last edited by litur at 11/5/2010 6:33:00 PM
Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET