Boas, co permiso de Alexenko vou desvirtuar un pouco este fío:
os mércores, de 11:00 a 12:00 quedamos un grupo de colegas para xogar unha pachanga de basket en Compostela.
Todos os que vos apeteza vir seredes ben recibidos.
Non hai moito nivel, e xa pasamos todos dos 30. O chan é de parqué e hai duchas. Todo por cortesía do concello, é dicir: gratís.
Se andades por Santiago ou vos animades a vir mandádeme unha mensaxe e explícovos onde está o pavillón.
Un saúdo!
Last edited by BARATO at 1/8/2013 9:13:26 AM