Cuarta ediciónSen dúbida, a cuarta edición da Galiza Cup cheira a estabilidade. Por primeira vez non se tocou o formato, (para algo que nos funciona ben!), nin houbo moito choio para o comité... Ains... Que tranquilidade. A Galiza Cup xa comeza a coller ese cariz familiar e fogareño que tanto nos gusta. Unha vez máis, Litur de "chapeaux". Tamén se podería salientar o primeiro intento de incorporar a Galiza Cup nunha "Supercopa de España" que ao final non se levou a cabo. Gardamos o enlace no arquivo, por se algún nostálxico quere repasar aqueles días de gloria
(59976.1).
Campión --> Onire - Corrichos -
(79103)Subcampión --> Miki_zar - Chacaritas Team-
(76515)Final -->
(10652380)III Cunca dos LabregosSeguindo a mesma liña que na segunda edición, de novo 16 equipos buscaron levarse o trofeo cara as súas vitrinas. De novo moita emoción entre aqueles equipos que non puideron seguir adiante na GC.
Campión --> Mjorgan - Garfunkel -
(76866)Subcampión --> jpergom - Diplococo Team -
(26057)Final -->
(10648338)
Quinta ediciónEdición que voltou ca tradición de facer trocos. Para non perder as boas costumes, introducimos unha pequena modificación no modo de facer os desempates, para facelos máis xustos. Á marxe diso, foi unha edición que transcorreu con bastante tranquilidade, e case que o máis salientábel foi que por primeira vez na Galiza Cup unha final repetiuse, e non foi outra que a que enfrentou ós dous organizadores. Salientar tamén a ausencia da Cunca esta tempada pola paternidade de Litur. Como non, dispoñemos do fío no noso arquivo para quen desexe consultalo
(80077.1).
Campión --> Alexenko – Universidad de Cambre –
(75746)Subcampión --> Litur – Chorima Basket –
(75749)Final -->
(13048991)
Sexta ediciónNova edición da Galiza Cup, desta volta xa sen trocos. Ó fin e ó cabo, os erros van levando a solucións, e o xa se vai acadando unha rutina moi tranquila para o torneo. Primeira edición na que se repite campeón, o primeiro en acadar o segundo trofeo. Por outra banda salientar a volta da Cunca de mans de Litur, que xa pasados os primeiros meses da súa paternidade, voltou a organizar un torneo que xa ten vida e historia propia. No noso arquivo persoal tamén gardamos a ligazón da sexta edición
(98064.1)Campión --> Onire - Corrichos -
(79103)Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG -
(78047)Final -->
(15470149)IV Cunca dos LabregosTras un ano de ausencia, voltou a Cunca dos Labregos, repetindo o formato da III edición, e dicir, 16 equipos saidos de entre os que non puideron entrar na GC e os mellores conxuntos dos 18 eliminados da primeira fase. Está claro que con cada edición a Cunca toma mais prestixio xa que a emoción e a loita por levarse o título é cada vez mais encarnizada.
Campión --> Trapall - Entreleiras -
(79266)Subcampión --> Jpergom - Diplococo Team -
(26057)Final -->
(15463325)Last edited by Alexenko at 10/9/2009 8:18:58 PM