Elección das tácticasO primeiro é deixar claro que cada partido e cada rival son un mundo, polo que hai que tomar esta sección como algo xeral. Como xa se dixo antes, a táctica perfecta non existe, aparte de que cada equipo pode funcionar mellor con tácticas diferentes. Para atopar máis información sobre as mesmas:
http://www.buzzerbeater.com/BBWeb/rules.aspx?nav=TacticsMoi importante: Qué unha táctica teña un enfoque interno non significa necesariamente que o AP e o pivote vaian realizar a maioria dos tiros. Se están ben defendidos ou se os exteriores teñen as habilidades axeitadas e peores defensas enfrente, o base ou o escolta poden xogarse moitos tiros con bos ou malos resultados. O mesmo se pode dicir dos enfoques externos.
En defensa tamén é moi importante que, independentemente do nome que se lle de, cada xogador defenda o seu par. As diferentes tácticas o que farán e que a súa defensa sexa máis forte ou feble por un lado ou por outro.
AtaqueAtaque Base: É a táctica estandar. Distribue equitativamente os ataquescunha velocidade de xogo normal. É pouco utilizada, pero pra equipos equilibrados pode ser unha moi boa opción.
Mover o balón: Tamén se distribue o ataque ás duas zonas, pero cunha velocidade máis rápida que co ataque base. Produce máis tiros, así que un bo rebote, bos ataques e boa resistencia deberían aproveitala mellor.
Paciencia: A táctica oposta a "Mover o balón". Ten un ritmo lento pra tratar de atopar mellores opcións de tiro e apurar a posesión. Prodúcense menos tiros e se non se ten un bo movemento ofensivo pode que a maioria dos ataques se produzan agotando a posesión de 24 segundos.
Mirar Adentro: Nesta táctica a maioría dos tiros faranse cerca da canasta. Ten un ritmo algo rápido, co que se farán bastantes tiros. Ademáis de bos xogadores interiores, pode ser fundamental que os exteriores teñan bo nivel de prenetración.
Poste Baixo: Igual que "Mirar Adentro", pero cun ritmo moito máis lento. Menos tiros pero, en teoría, mellor selecionados.
Movemento: Enfoque exterior cun ritmo normal. Máis tiros dende a liña de triplas e dende fora da zona.
Correr e Lanzar: Enfoque exterior cun ritmo moi rápido. Moitos tiros dende a liña de triplas e moita velocidade. Os ataques son vertixinosos e adoitan durar poucos segundos. Ademáis de grandes tiradores, é conveniente ter bo rebote e boa resistencia, xa que os xogadores cansanse antes.
Princeton: É un pouco descoñecida. Ten un ritmo baixo e básase en tiros dende a liña de triplas e canastas baixo o aro. É apta pra moi poucos equipos. Un bo movemento ofensivo e bos atacantes en todas as posicións parecen fundamentais pra sacarlle o máximo proveito.
DefensaIndividual: A defensa estandar. Esta táctica trata de parar os dous ataques sen definirse nin descoidar ningún aspecto.
Zona 2-3: Incrementa a defensa interior e os rebotes, pero deixa descuberta a defensa exterior. Moi útil contra equipos que ataquen por dentro ou que teñan malos ataques exteriores.
Zona 3-2: Incrementa a defensa exterior e baixa a defensa interior. Ideal contra equipos exteriores cando non queremos debilitar demasiado a defensa interior nin o rebote.
Zona 1-3-1: Táctica extrema contra os equipos exteriores que aumenta de xeito espectacular a defensa exterior pero baixa tamén en gran medida os rebotes e a defensa interior. Si se ten un moi bo rebote e a total seguridade de que o contrario vai atacar por fora, é unha moi boa táctica, en caso contrario, é mellor optar por a 3-2.
Presión a toda cancha: Táctica que se basa nos roubos de balón a cambio de baixar a defensa (sobre todo a interior) e os rebotes. Boa opción, sobre todo, si o rival ten un mal movemento ofensivo e os teus xogadores teñen unha boa resistencia. Moitas veces xógase a desesperada contra rivais moi superiores.
Last edited by DunklerGeier at 2/25/2009 9:10:59 AM