Significado das Abreviaturas das EstatísticasMIN = Minutos en Cancha
TC = Tiros de Campo (Suma dos tiros de 2 e 3 puntos)
T3 = Tiros de Campo de 3 Puntos
TL = Tiros Libres
RO = Rebotes Ofensivos
RT = Rebotes Totais (Defensivos + Ofensivos)
ASI = Asistencias
BP = Balóns Perdidos
BR = Balóns Recuperados
TAP = Tapóns
FP = Faltas Persoais
PTS = Puntos
Calif. = Valoración individual dun xogador en determinado partido
¿Que son os partidos TV, C e AM?Os partidos de TV teñen máis impacto sobre os teus seareiros que os partidos normais. Do resultado do partido depende a afluencia ao teu pavillón nos seguintes partidos que xogues de local
AM significa Amigable
C partido de copa
¿Os partidos amigables dan algo de cartos?Non, non hai ningún tipo de ingreso. Por outra banda, tampouco teñen gastos, mesmo os desprazamentos se xogas no estranxeiro son gratis
¿O meu partido non empeza, non me deixa velo en vivo, posible bug?Pode que nese momento o servidor teña un problema pero normalmente soe
solucionarse rápido.
¿No partido teño un xogador en vermello, por que?Sufriu un golpe, non poderá xogar no que resta de partido, logo pode ser unha lesión de varias semanas ou quedar nun susto. (Os doutores con especialidade vendaxe funcional deportivo poden facer que un xogador en vermello se reincorpore normalmente ao partido ao rematar un cuarto). Compre indicar que cando un xogador se lesiona, non sempre aparece en vemello.
Non entendo o sistema de cambios, ¿como funciona?Aquí atoparás información sobre o tema:
(5882.1)Estou a facer a aliñación do meu partido de playoff e non me deixa poñer xogar relaxados, ¿por que?Durante os playoffs non se pode xogar relaxado. Os efectos das outras opcións cambian. Xogar normal sobe o entusiasmo (ten o mesmo efecto que xogar relaxado durante a liga regular), e xogar decisivo déixao igual (ten o mesmo efecto que xogar normal durante a liga regular). O comportamento do entusiasmo durante a semana ten o mesmo efecto que o resto das semanas, é dicir, tenderá a baixar ou subir 5.
Last edited by Foto at 3/19/2009 4:19:05 PM