Home, en principio o traballo que falta téñoo que facer eu, que é traducir todo o que está desfasado, e despois fai falla unha revisión completiña de todo, para pulir matices e corrixir pequenos erros.
Se alguén lle pode botar unha ollada ás novas traducidas para ver se hai algunha gambada (que haberá máis de unha) e me di por aquí onde están, xa aforro eu de revisalas.
E non tes que pedir desculpas por nada. Se teño o LA diante é porque eu quixen. É un pequeno grao de area para que a normalización da nosa lingua (ao igual que eu aprendín e aprendo moito galego no HT, se cadra algún se engancha e aprende por aquí).