Non te apures polo sorteo, canto máis tardes máis aliviada estará a nosa ansia...
Eu fixen como o Miqe, provoquei a derrota en copa, pero custoume...tiven que finxir dúas lesións ó comezo do partido e convencer a tres dos meus xogadores para que fixesen 6 faltas; e aínda así tiven a mala sorte de xogar unha prórroga cun luky fan que case me gaña o partido. Menos mal que a xogada me saiu ben e acabei perdendo con contundencia, pero por un momento vin sobrevoar pola taciña de caldo á sempiterna mala sorte...