Manexamos esa idea como premio dende o principio o que pasa é que aínda non decidimos si o premio será para o campión ou para os finalistas (depende da cantidade de equipos que xoguen o torneo).
Por outra banda ademais da lista de enchufados daremos a lista de suplentes (o resto de equipos que seguen na copa) por si algún dos que está na lista oficial continúa na competición cando chegue a segunda liguilla da GC. Aínda así como o torneo satélite (para o que ninguén aínda propuxo ningún nome) empezará supoño que unha ou duas semana máis tarde que o oficial, se algún equipo queda eliminado da copa pode renunciar a súa praza de suplente e xogar dito torneo.
No caso de que non quedase ningún suplente e falte alguha praza por cubrir na segunda fase se escollería os mellores terceiros da primeira liguilla.
Pero todo isto con máis calma xa o xoves pola noite coas listas definitivas.
Por certo lembrade que a Galiza Cup comenza o xoves que ven así que esperade a confirmar os emparellamentos da primeira xornada para aceptar amistosos. Sorte e pronto nos veremos na cancha.
Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET