BuzzerBeater Forums

BB España > [Gal] Galiza Cup XV

[Gal] Galiza Cup XV

Set priority
Show messages by
From: BARATO

This Post:
44
203005.85 in reply to 203005.84
Date: 12/26/2011 7:13:33 AM
Overall Posts Rated:
185185
Sintoo moito Litur, pero como xa deixei escrito nunha mensaxe previa ó sorteo: son parvo!!!
Ademáis da mala sorte.
A mala sorte de estar xogando todo o dia (24 horas) ó uncharted, e nun momento que me levantei do sofá, por necesidades fisiolóxicas de terceiro grado, tiven a mala sorte de que o meu cerebro licuado mandase unha orde de mareo ó meu corpo e golpeei a cabeza cun radiador (deses eléctricos, con moitas aristas).
Cando espertei estaba tirado no chan, coa man dereita sobre o ordenador, que por pura mala sorte caera desde o alto do radiador, onde o deixara para que secase o café que lle caera a noite anterior nun accidente fortuito provocado polos intentos de zafarme duns monstruos do Himalaya.
E alí deitado, coa man sobre o ordenador, non puiden evitar que o meu dedo pulgar (o que come os ovos e apreta o X do mando) sufrise un espasmo involuntario ó verse tan preto dunha tecla, e a pesares de que a miña cabeza dicía: nooooon! ó final o dedo pulsou o enter, coa malísima fortuna de que a frechiña do rato estaba sobre o símbolo de aceptar amistoso. Un ruso, para máis inri.
Espero que esta explicación che valla cómo desculpa por non xogar contra ti, pero como ves todo foi causa da sempiterna.
Un saúdo.
Barato.
P:D.: Aínda tirado no chan, coa brecha na cabeza, o cerebro en estado líquido e a metade do corpo durmido, fun quen de rematar a misión e atopar a pedra cintamani. E despois aínda ganei unha final da nba cos bucks.
Esta semana prometo dedicarlla á lectura e a correr polo parque.

From: miqe

This Post:
00
203005.86 in reply to 203005.85
Date: 12/26/2011 8:51:46 AM
The Monty Python´s Flying Circus
II.4
Overall Posts Rated:
462462
ja ja ja ajjajajajajaj!!!, unha semana de cantos dias? ou minutos estás falando, no farás os bos propositos xusto a semana antes de cambia-lo ano, para así poder dicir o dia 3 de xaneiro:-non si eu xa estou poñéndome en forma dende o ano que pasado!

From: BARATO

To: miqe
This Post:
00
203005.87 in reply to 203005.86
Date: 12/26/2011 9:13:42 AM
Overall Posts Rated:
185185
A ti no te puedo engañar, cariño...
Pero que saibas que empecei o meu plan deportivo co pé dereito: cortei a uña do dedo gordo, que me estaba furando os calcetíns. Pola tarde ataco ó esquerdo. Lin nalgún sitio que a tableta de Ibaka empezou así, imitando unha aguia no trampolín dunha piscina olímpica.

From: miqe

This Post:
00
203005.88 in reply to 203005.87
Date: 12/26/2011 10:42:32 AM
The Monty Python´s Flying Circus
II.4
Overall Posts Rated:
462462
ti pensa que a pedicura é unha especialidade, non é tan doado; primeiro ano cortaunllas (unlla e o uso para animais, e polo tamaño das tuas...), segundo, limá, terceiro erasmus masaje de pulgar (o que come o ovo)

un bico amor... ven dani a comer por casa, a estas horas...jet lag navideño

This Post:
00
203005.89 in reply to 203005.88
Date: 12/26/2011 12:08:24 PM
Overall Posts Rated:
892892
Mother of God!

Quen deixou a porta do cortello aberta? Veña pasade para dentro todos, non me obriguedes a usa-la vara! ;)

From: BARATO

This Post:
00
203005.90 in reply to 203005.89
Date: 12/26/2011 12:23:35 PM
Overall Posts Rated:
185185
Chamarnos porcos e varearnos!!!!
Ti si que sabes o que nos gusta...
Varéanos pero non nos banees:)

From: delta10

This Post:
00
203005.91 in reply to 203005.90
Date: 12/26/2011 5:48:01 PM
Overall Posts Rated:
66

Boas!
Estaba agora vendo o sorteo da segunda ronda para ver se pasara cando levei unha gran decepción ao verme fora. O certo é que hai un erro no meu partido contra Bandulhos, xa que o gañei 78 - 76. Non o perdín como pon nas clasificacións. Asi que remataria o grupo con 2 victorias e 1 derrota. Non me quitedes no despachos o que conseguín na cancha!!! Por unha vez que lle gaño a un equipo de 3ª!! A non ser que me deran o partido por perdido por incidentes na grada, jaja.
Espero que a miña reclamación esté feita ainda a tempo. Saudos.

From: delta10

This Post:
11
203005.92 in reply to 203005.91
Date: 12/26/2011 5:56:43 PM
Overall Posts Rated:
66

Rematariamos os dous coas mesmas victorias (2). Se o empate resólvese polo enfrentamento directo pasaría eu. Se é pola diferenza de pts a favor/pts en contra, Bandulhos quedaria por diante (ainda que non podo ver como quedou contra Devesa Celtics).
Espero pola resolución do Comité de competición.

This Post:
00
203005.93 in reply to 203005.92
Date: 12/26/2011 7:26:48 PM
Overall Posts Rated:
892892
Pois moito me temo que tes razón. Os encontros contra Devesa Celtics non se contan porque non se presentou a dous dos tres encontros.

Como Bandulhos xa concertou o amigábel que lle tocaba, e o erro foi meu, déixote que ocupes o meu lugar na segunda rolda. Xogas contra Skalda, rétao canto antes, inda que non aceptou o meu reto e xa leva máis dun día lanzado. Agora corrixo a metedura de pata. Síntoo.

From: BARATO

This Post:
00
203005.94 in reply to 203005.93
Date: 12/26/2011 9:15:47 PM
Overall Posts Rated:
185185
Chorima, que sería o meu rival, tampouco concertou aínda un amigable. Como creo que cun non presentado non teño moitas opcións de pasar aínda que gañase os outros dous partidos, ofrezo a miña plaza para facelo todo máis sinxelo, sen que teña que deixar Alexenco a copa.
Aiiii, sempre fun un pelota....

From: Alexenko

This Post:
00
203005.95 in reply to 203005.94
Date: 12/26/2011 10:36:40 PM
Overall Posts Rated:
892892
Non é necesario. Para clasificarse necesitarías unha boa carambola con algún non presentado dun rival, pero inda así prefiro ser eu o que lle deixe a miña praza, pero grazas polo ofrecemento.

Advertisement