BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup XI

[GAL] Galiza Cup XI

Set priority
Show messages by
This Post:
11
160490.89 in reply to 160490.87
Date: 12/18/2010 10:35:43 AM
Overall Posts Rated:
464464
Acabase de realizar o sorteo do GZ CUP na sede do clube Chacaritas nas Travesas de Vigo. Utilizouse o medio científico irrefutable dos papeliños, 4 papeliños cos nomes dos equipos, xogando na casa o primeiro sacado enfrontandose co segundo e repetindo método co terceiro e cuarto. E tras tan laboriosa acción o resultado foi o seguinte:

Cans de Palleiro (local)- Corrichos (visitante) Semifinal 1

Universidade de Cambre (local)- Ourense Bulls (visitante) Semifinal 2


A orde pode ser cambiada pola norma de enfrontamentos en fase final da GZ CUP que se rixe dende fai uns aniños polo método Copa Davis, polo que se algún de estes enfrontamentos deuse en fase final de este mesmo xeito, a orde de campo variará.

Sen máis desexar sorte a estes 4 equipos que seguro nos deixaran unha apoixante competición.


This Post:
00
160490.90 in reply to 160490.89
Date: 12/18/2010 10:38:23 AM
Overall Posts Rated:
892892
Graciñas, agora reviso os enfrontamentos previos!

This Post:
00
160490.91 in reply to 160490.89
Date: 12/18/2010 10:58:43 AM
Overall Posts Rated:
892892
Pois os enfrontamentos quedan tal e como dixo miki. Hai un precedente de cada semifinal (se non mirei mal), do Ourense Bulls - Universidad de Cambre xogouse na primeira edición no campo de Ourense, e do Cans de Palleiro - Corrichos xogouse na sexta edición no campo de Corrichos.

From: kotxu
This Post:
00
160490.92 in reply to 160490.91
Date: 12/20/2010 9:37:42 AM
La Kinder del kotxudo
III.7
Overall Posts Rated:
217217
noraboa ós catro finalistas, que gane o mellor, unha galiza cup menos para alcanzar a miki para o que a gañe.
Sorte nas vosas ligas neste final de tempada a todolos galegos

Last edited by kotxu at 12/20/2010 9:38:16 AM

From: Alexenko

This Post:
00
160490.93 in reply to 160490.92
Date: 12/23/2010 9:08:55 PM
Overall Posts Rated:
892892
Pois xa temos final, entre un servidor e Corrichos, que deu a sorpresa contra Cans de Palleiro coma visitante. Agora toca que apareza o bo de miki por aquí a sortea-la cancha da final (e se fai a clasificación completa da segunda liguilla xa caeríanme as bágoas de ledicia, que me pasaría toda a edición sen ter pegado un pau ó auga, feito inédito).

This Post:
00
160490.94 in reply to 160490.93
Date: 12/24/2010 9:23:59 AM
Overall Posts Rated:
464464
O nivel de resaca non permite facer numeroloxía, máis sí cortar uns papeliños e decidir a cancha, e logo xa ti si eso ves se xa xogachedes e esas cousas. Ademáis ti es de ciencias... traballa un pouco, que hai que levantar o país...

This Post:
00
160490.95 in reply to 160490.94
Date: 12/24/2010 9:28:04 AM
Overall Posts Rated:
464464
Xa temos FINALÍSIMA da GZ CUP. A raiña das competicións, a moza bonita dos buzzerbitianos galegos, esa rapaza que sempre está no palco da orquestra movendo a saia e deixando soñar a todos con tocala.... Este ano só dous o poden facer:

Corrichos ( local) vs Universidade de Cambre ( Visitante)


A data serán os propios participantes os cales a escollan.

Moita sorte a ambos e a ver se quentades un chisco esto antes da final que parece que son ao único que lle ten certa ilusión esta competición.

From: Onire

This Post:
00
160490.96 in reply to 160490.95
Date: 12/24/2010 9:48:19 AM
Corrichos
III.3
Overall Posts Rated:
7979
Aquí estamos unha vez mais loitando pola Copa mais importante do BB.

En canto a datas, eu xogo Play-Off, pero quedo eliminado xa o martes. A miña preferencia sería o primeiro xoves despois do reseteo de formas, pero dame igual. Que escolla Alexenko.

From: Alexenko

This Post:
00
160490.97 in reply to 160490.96
Date: 12/24/2010 11:26:32 AM
Overall Posts Rated:
892892
Eu prefería xogala antes, porque caerei eliminado as primeiras en PO, e quería restructurar un pouco o equipo, e así tería marxe para facer algo de compra/venda antes de que comece a tempada, pero se te vén mal, non hai problema en xogala no primeiro amigábel da tempada.

From: Onire

This Post:
00
160490.98 in reply to 160490.97
Date: 12/26/2010 3:46:40 AM
Corrichos
III.3
Overall Posts Rated:
7979
Se queres xogar este xoves acepta o reto.

From: Alexenko

This Post:
00
160490.99 in reply to 160490.98
Date: 12/26/2010 9:34:32 AM
Overall Posts Rated:
892892
Feito, moitas grazas!

Advertisement