BuzzerBeater Forums

BB España > [Gal] Galiza Cup XV

[Gal] Galiza Cup XV

Set priority
Show messages by
From: delta10

This Post:
11
203005.92 in reply to 203005.91
Date: 12/26/2011 5:56:43 PM
Overall Posts Rated:
66

Rematariamos os dous coas mesmas victorias (2). Se o empate resólvese polo enfrentamento directo pasaría eu. Se é pola diferenza de pts a favor/pts en contra, Bandulhos quedaria por diante (ainda que non podo ver como quedou contra Devesa Celtics).
Espero pola resolución do Comité de competición.

This Post:
00
203005.93 in reply to 203005.92
Date: 12/26/2011 7:26:48 PM
Overall Posts Rated:
892892
Pois moito me temo que tes razón. Os encontros contra Devesa Celtics non se contan porque non se presentou a dous dos tres encontros.

Como Bandulhos xa concertou o amigábel que lle tocaba, e o erro foi meu, déixote que ocupes o meu lugar na segunda rolda. Xogas contra Skalda, rétao canto antes, inda que non aceptou o meu reto e xa leva máis dun día lanzado. Agora corrixo a metedura de pata. Síntoo.

From: BARATO

This Post:
00
203005.94 in reply to 203005.93
Date: 12/26/2011 9:15:47 PM
Overall Posts Rated:
185185
Chorima, que sería o meu rival, tampouco concertou aínda un amigable. Como creo que cun non presentado non teño moitas opcións de pasar aínda que gañase os outros dous partidos, ofrezo a miña plaza para facelo todo máis sinxelo, sen que teña que deixar Alexenco a copa.
Aiiii, sempre fun un pelota....

From: Alexenko

This Post:
00
203005.95 in reply to 203005.94
Date: 12/26/2011 10:36:40 PM
Overall Posts Rated:
892892
Non é necesario. Para clasificarse necesitarías unha boa carambola con algún non presentado dun rival, pero inda así prefiro ser eu o que lle deixe a miña praza, pero grazas polo ofrecemento.

This Post:
11
203005.96 in reply to 203005.95
Date: 12/27/2011 6:01:17 AM
Overall Posts Rated:
66
Boas!
Non era a miña intención montar este rebumbio!! Alexenco, non tes que ser ti o que me deixes a tua plaza. A nosa condición de illeiros, secularmente afastados e esquecidos polas institucións, fíxome saltar onte a noite ao non verme por vez primeira na 2ª ronda, pero non che vou coller a tua plaza. Se Bandulhos xa colleu a miña plaza ao concertar xa o partido non pasa nada. Alguén que leva de sobrenome o do máis grande goleador que xogou na nosa terra, merece todos os meus respetos e que xogue no meu posto.
Quen non organiza non se confunde, asi que ainda por riba que tes que levar todo isto non vas quedar sen a tua plaza gañada legalmente. Moitas grazas polo ofrecemento, pero non son quen de ocupar o posto dun dos favoritos, asi que concerta o amigable canto antes.

From: Anemal
This Post:
00
203005.97 in reply to 203005.96
Date: 12/27/2011 9:19:54 AM
Overall Posts Rated:
1010
Pena aínda non aceptou o reto. Agardarei como moito ata as 21 h., que senón quedarei sen amistoso, e necesito entrear.

From: Anemal
This Post:
00
203005.98 in reply to 203005.96
Date: 12/27/2011 9:20:07 AM
Overall Posts Rated:
1010
Pena aínda non aceptou o reto. Agardarei como moito ata as 21 h., que senón quedarei sen amistoso, e necesito entrear.

This Post:
11
203005.99 in reply to 203005.96
Date: 12/27/2011 11:23:03 AM
Overall Posts Rated:
892892
Insisto, a praza é túa, non hai máis que falar.

Skalda leva sen conectarse dende o 24, oficialmente xa está fóra de prazo e tería o encontro por gañado. Propóñoche algo:

Ti reta a Skalda e rétame a min tamén (os dous no teu campo). Se Skalda aparece e acepta o amigábel, quedas ti ca praza que tes gañada. Se Skalda non aparece entón eu mañá ó mediodía aceptaríache o reto e xogaríamos no-los dous. E despois xa veremos como facemos, pero en principio a praza e túa e non acepto que non xogues.

E a ver se Skalda aparece por aquí tamén, que inda que estamos fóra de prazo non vos preocupedes que eu acepto o amigábel sen falta o mércores ó mediodía.

From: Alexenko

This Post:
00
203005.100 in reply to 203005.98
Date: 12/27/2011 11:23:54 AM
Overall Posts Rated:
892892
Grazas polo aviso. Agarda canto poidas e cando xa non poidas máis colle outro amigábel e terás o encontro gañado.

From: Oyagun
This Post:
00
203005.101 in reply to 203005.100
Date: 12/27/2011 11:43:28 AM
Ktulu
II.4
Overall Posts Rated:
135135
Second Team:
Ktulu II
A min Entreleiras non me acepta o amistoso. Agardarei ata a noite, que mañán non sei se poderei conectarme para concertar un.

From: Alexenko

This Post:
00
203005.102 in reply to 203005.101
Date: 12/27/2011 3:38:50 PM
Overall Posts Rated:
892892
Grazas polo aviso, en canto non poidas agardar máis busca outro!

Advertisement